martes, 16 de decembro de 2025
domingo, 14 de decembro de 2025
ANALICÉMONOS COMO GALEGOS E GALEGAS
E neste segundo capítulo como se nos define ás xentes de Galicia?
Procura atopar polo menos catro ou cinco trazos da nosa identidade que se indican neste vídeo publicitario.
Concordas ou non co que se afirma?
luns, 24 de novembro de 2025
martes, 11 de novembro de 2025
CONTIDOS PARA A PROBA DE AVALIACIÓN
1ª Avaliación:
UNIDADE O: Lingua e sociedade:
- Panorámica da Historia da Lingua Galega
UNIDADE 1:
- Comunicación: Comunicación e funcións da linguaxe páx. 8 do libro de aula.
- Vocabulario: A orixe do léxico (I). Palabras cultas e patrimoniais páx. 14.
**Incorporamos os seguintes gráficos como axuda solicitada para distinguir palabras cultas e patrimoniais:
- Ortografía: As maiúsculas páx. 15 do libro de texto.
- Gramática: A lingua e a súa organización. Unidades lingüísticas. As palabras. Clases páx. 16-17
- O substantivo e adexctivo: Xénero e número (só no blog).
- Literatura: Os textos e os xéneros literarios páx. 20-21
UNIDADE 2:
- Comunicación: Os textos e as súas propiedades Páx. 28
- Vocabulario: A orixe do léxico (II). Léxico de substrato (prerromanos) e de superestrato (xermanos e árabes) páx. 34
- Ortografía: Acentuación de ditongos, tritongos e hiatos páx. 35
- Gramática: Repaso das frases só polo BLOG
- A oración. Suxeito e predicado. Concordancia. Clases de oracións segundo a modalidade de enunciado Páx. 36- 37 .
LEMBRA ademais:
- Predicado verbal (verbos de acción) por exemplo: Pedro come pan.
- Predicado nominal con verbos de estado (o que pode levar ATRIBUTO): Ana parece lista.
PLAN LECTOR: Lingua e sociedade.
- Limiar: En galego por que non?
- Cap.I : Concepto de Estereotipo, prexuízo e discriminación. Identificar prexuízos.
- Cap. II: Porque soa mal.
luns, 20 de outubro de 2025
domingo, 28 de setembro de 2025
martes, 16 de setembro de 2025
UNIDADE 0/ A MEMORIA DO NOSO (II): Panorama da historia da Lingua Galega
Como nace unha lingua?
Unha comunidade que vive nun territorio concreto ao longo dun tempo en condicións favorables é quen de crear unha lingua como consecuencia dun conxunto complexo de accións e reaccións seculares das persoas que conforman esa comunidade coa natureza que as rodea.
Cando nace unha lingua nace como un ser que vai desenvolver con capacidade propia a súa singular maneira de ver o mundo. Todas as linguas pasan por etapas infantís e xuvenís nas que non son aínda unha lingua plenamente autónoma, pero cando chega á maioríade idade, convértese na peculiar forma de percibir o universo que os seus falantes van incorporando como un gran legado a gardar con agarimo. Porque ese conxunto de palabras conforman a identidade, o carácter a forma de pensar, un patrimonio que nos fai humanos. Do contrario serían seres incapaces de entender o seu entorno, sen as voces que esa lingua lles foi dando como ferramenta de expresión e comunicación cos demais, de comprensión e interpretación do mundo, sen a súa fala, non serían ninguén.
O NACEMENTO, ESPLENDOR E DECADENCIA MEDIEVAL DA NOSA LINGUA
DOS SÉCULOS ESCUROS AO REXURDIMENTO
CONTIDOS DAS PROBAS DE RECUPERACIóN DE XUÑO
PARA O ALUMNADO CON SÓ a 3ª avaliación (ou unha avaliación) terá os mesmos contidos que na proba da avaliación pertinente: 1ª avaliación 2ª...
-
2º Podes ver a seguir un cadro coas formas contractas, que tamén podes atopar na páx, 262 do libro. 3º Colocación dos pronomes átonos: -...
-
AS RAÍCES DA NOSA LINGUA I- Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia, a civilizac...