Na lectura dos últimos capítulos poderás atopar respostas para combater varios destes prexuízos.
CAPÍTULO 7: Porque é unha lingua minoritaria.
1- En que lugar da estrada das linguas colocarías ao galego?
2- O coñecemento doutras linguas debe levarnos a abandonar a nosa lingua? Por que? Argumenta ben a resposta.
3- Falar español e chinés permitiríanos falar
con cincocentos millóns de persoas, por que esta posibilidade é realmente
imposible? Por que ten tan pouco valor a cantidade á hora de falar dunha
lingua?
4- Lembrándonos do concepto de diglosia, que é unha lingua minorizada?
CAPÍTULO 8: Porque non o fala ninguén.
5-O xogo dos cen falantes. En que consiste este
xogo? Atreveríaste a comezar a xogalo? Que cres que pasaría ao facer uso deste
xogo?
CAPÍTULO 9: Porque non.
Tras a lectura da sorprendente historia que se nos relata no capítulo, na que debemos derrubar todo un muro de discriminación, responde:
6- Unha tremenda historia por
resolver... sabemos por que e como temos que defender a nosa lingua de centos
de anos de discriminación e prexuízos? Razoa a resposta a modo de conclusión
tras da lectura.

Ningún comentario:
Publicar un comentario