martes, 10 de decembro de 2024

EN GALEGO POR QUE NON? Capítulo 3

CUESTIONARIO DO CAPÍTULO 3: 

1- Lémbraste deste texto que lemos en 1º da ESO?


Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produce a sabedoría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais. Velaí vai a demostración: Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal
.

CASTELAO, Sempre en Galiza.

Que terá que ver con este capítulo?

2-  Facendo contas caemos na conta de como funcionan algunhas trampelas coas que nos poden tomar o pelo e de que resulta relativamente sinxelo, pero á vez moi nocivo e velenoso mesturar verdades e mentiras para crear un tremendo prexuízo.  Enuncia as mentiras e as verdades que atopas tanto na historia dos tres amigos de cea con 300 euros  como no asunto (título) do que tratamos neste capítulo? 

3- Desmontamos a seguir o prexuízo do disco duro do ordenador.  Explica brevemente en que consiste este prexuízo e como podemos desmontalo? Recorda logo por que o saber non ocupa lugar? 

4-  A anécdota de Benxamín Franklin reforza o antedito.  Como a relacionarías co que respondemos na anterior pregunta?

5- Cantas grandes familias de linguas dixemos que hai no mundo?  

Identifica a súa orixe polo seu nome:

- Indoeuropeo:

-Camito-semita: (linguas árabes e xudías)

-Bantú:

-Amerindia:

-Sinoaustrina: 

 Pertence o éuscaro a algunha delas? Por que?

6-  Resumindo e sumando argumentos: Por que é un insulto á intelixencia, e algo moi patético, afirmar que aprender unha lingua é unha perda de tempo?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Proba: En galego, por que non?

 En galego por que non? de Manuel  Núñez Singala Capítulo 0 Capiítulo 1 Capítulo  2 Capítulo 3 Capítulo 4 Capítulo 5 Capítulo 6 Capítulo 7, ...