Cuestionario sobre o Capítulo 4
Supoñamos que hai catro persoas galegas e das
catro persoas hai unha que non fala galego...
1- Por que falar en galego cando hai alguén
que non o fala NON é de mala educación?
Argumenta con alomenos tres razoamentos ben
expostos unha resposta afirmativa, é dicir, non é de mala educación falar
galego cando hai alguén que non o fala.
Capítulo 5 de
EN GALEGO, POR QUE NON?
Despois de ler o capítulo titulado: Porque non o damos falado ben, responde ao cuestionario seguinte cos criterios que se verteron na lectura:
1- É normal que a unha persoa que aprende o
galego de segunda lingua lle resulte difícil. Pero se a dificultade é natural, cal é
o problema de fondo para que realmente a aprendamos ben?
2- Para falar ben unha lingua que é
ineludible facer antes?
3- Por que a un polaco lle pode resultar máis
doado aprender galego en catro meses que a un asturiano?
4- Responde cres que aos franceses, británicos, españois e estadounidenses lles resulta máis fácil aprender outros idiomas? Como se
explica?
5- Unha cousa curiosa, por que cres que os
galegos cando se lles pregunta se falan ben o galego din que na súa comarca
non, que é noutro punto de Galicia onde se fala ben o noso idioma? Cales son as
razones obxectivas que contribúen a este tipo de crenzas?
6- O autor do libro fai referencia a unha
gaivota chorona, que quere dicir con isto? Explícao razoadamente.
7- Que quere dicir Núñez Singala cando di que "usa un castelan tinguido de galego"?
8- Seguindo o reto que nos plantea o autor
imos poñer en castelán correcto o seguinte texto:
Érache boa! Madia leva, namentras non haxa
unha vacina eu espétome na casiña, canda a lareira, con sentidiño, e se hai que
deixar a poula as terras, e pasar todo o día esperrechado no sofá en cirolas,
faise, e se petan na porta, que peten por máis riquiño ou o máis langrán ou
galopin que sexa, eu a velas vir!. Vaites, vaites, presta ver como poalla e ti sen te mollar.
Non che sei, que vou dicir, coma o colo dunha nai non che hai, só vou saír
botar o cosco.
9- E como se fai no capítulo imos tamén conxugar catro verbos en presente de indicativo con alternancia vocálica, a ver que tal o fas (lembra que para falar unha lingua ben, hai que realizar un esforzo, sobre todo se non é a túa lingua habitual, e en principio vas cometer loxicamente erros):
- Durmir, subir, seguir e divertir.


Ningún comentario:
Publicar un comentario