martes, 29 de outubro de 2024

EN GALEGO, POR QUE NON? de Manuel Núñez Singala

 






A adolescencia é unha etapa crucial xa que nesta banda de idade é cando se produce a opción lingüística que logo tenderá a perpetuarse. Van dedicadas estas páxinas a vós rapaces e rapazas da ESO. Trátase dun texto que procura combater as simplificacións e os prexuízos vixentes aínda no século XXI, opinións lingüísticas baseadas en xuízos erróneos de poderosa inercia que malia estaren superadas, demostrada a súa falsidade, seguen tendo un eco notable na opinión pública de hoxe, especialmente entre os sectores máis novos da sociedade, unha das razóns da perda de falantes entre a mocidade. O futuro do galego está na xente nova, sodes os falantes do mañá, a continuidade da lingua está condicionada porque a acollades conservedes e usedes libres de simplificacións e prexuízos.

As ideas e opinións sobre a lingua galega que temos as galegas/os son moi variadas. Tamén é verdade que moitas veces as opinións que posuímos non son nosas, son prestadas. Adoptamos a que soe ser maioritaria ou que cremos que comparten a maioría das persoas (se todos pensan así, debe ser o correcto). Iso afórranos traballo.  Pero coidado, porque iso pódenos enganar moi facilmente, adoptar unha opinión que cremos maioritaria non é garante de que sexa certa e nin tan sequera opinión da maioría (durante cantos séculos se pensou que a terra era plana?).

Este libro repara na importancia de convidar á reflexión. a pensar honradamente sobre o galego, esperando que nestas páxinas descubras elementos que che permitan crear unha opinión propia, túa, sen simplificacións , sen prexuízos sobre a lingua galega.


DESPOIS DE LER O LIMIAR-PRÓLOGO E O CAPÍTULO 0

CUESTIÓNS

1- A que xénero pertence este libro? Por que esta lectura non é unha novela nin un conto, non é un libro de poesía nin é de teatro?

2- Sobre a páxina 11: Este libro a quen vai dirixido especialmente? Por que?

3- Con que adxectivo, as galegas/os, denominamos á gaivota común? Que ten de estraño?

Por que cres que facemos isto as galegas/os?

4- Algo semellante a da gaivota ocorreu con ROSALÍA DE CASTRO, pero como debemos interpretar realmente a súa obra? Atopa a resposta na páxina 14.

5- Sobre que vai tratar este libro de Manuel Núñez Singala? Por que o sabemos. Procura os argumentos que dá o autor na páxina 15.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Proba: En galego, por que non?

 En galego por que non? de Manuel  Núñez Singala Capítulo 0 Capiítulo 1 Capítulo  2 Capítulo 3 Capítulo 4 Capítulo 5 Capítulo 6 Capítulo 7, ...