luns, 10 de febreiro de 2025

REPASO GRAMATICAL (II): Pronomes persoais: Tónicos e átonos.

 



2º Podes ver a seguir un cadro coas formas contractas, que tamén podes atopar na páx, 262 do libro.




3º Colocación dos pronomes átonos:

- Nunca poden comezar un enunciado: Quéreme  moito!

- Posición natural despois do verbo: Pediume un libro. 

Excepcións:

       1ª- Oracións desiderativas ou negativas:  Oxalá te quixese! Non cho daría.

       2ª- Nas oracións subordinadas, as que levan conxuncións como: que, se, porque...  Dixo que te chamaría. Se te mercase a bici....

       3ª- Nas interrogativas ou exclamativas tras do pronome interrogativo/exclamativo: 

           Quen che dixo iso?

       4ª - Tras dalgúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e adverbios (acaso, aínda, ata, ben, case, disque, igual, seica, sempre, só, tamén, xa):

Alguén cho dixo.    Sempre te quererei.

Exercicios con pronomes persoais


Ningún comentario:

Publicar un comentario

PLAN LECTOR: 2º Trimestre: O LOBISHOME DE CANDEÁN de Paula Carballeira

O libro de Paula Carballeira que temos que comezar a ler e resumir ( resumos manusritos a entregar o día da proba de lectura 17 de abril) ta...