xoves, 1 de outubro de 2026

1ª LECTURA DO CURSO: EN GALEGO, POR QUE NON? de Manuel Núñez Singala

 


PRÓLOGO E CAPÍTULO 0 

CAPÍTULO I

CAPÍTULO II

CAPÍTULO III

Capítulo IV 



 Da emoción á competencia explica o que fan nun centro de Primaria de Moaña para procurar a competencia lingüística do seu alumnado que ten como idioma materno o castelán. A clave está na emoción. un centro educativo que se implica en que o seu alumnado poida escoller en liberdade cal vai ser o seu idioma e para o que se precisa que as persoas teñan a capacidade real de falar e sentirse cómodas tanto na lingua materna como na galega, lingua natural e cooficial en Galicia. Ser competentes faranos realmente libres á vez de capaces de falar galego sen problema e cando queiran. 

 Porque non falamos a lingua que queremos, falamos a lingua coa que nos educan. De aí a importancia da educación en galego. 

Cuestionario sobre o Capítulo 4

Supoñamos que hai catro persoas galegas e das catro persoas hai unha que non fala galego...

1- Por que falar en galego cando hai alguén que non o fala, NON é de mala educación?

Argumenta con alomenos tres razoamentos ben expostos unha resposta afirmativa, é dicir, non é de mala educación falar galego cando hai alguén que non o fala.

luns, 7 de setembro de 2026

NO CAMIÑO, A EMPATÍA (Unidade 0- Curso 2026/27)

                                                                                                        Cadea humana no Grove 12-XI-2012                                                                                                                             (Foto de Vítor Mejuto)

Que che suxire esta fotografía? Que están facendo e quen a protagoniza? Que expresa para ti? A ver se acertas que pode simbolizar.

 Algunha vez te preguntaches por que vivimos en sociedade? Por que o ser humano non pode vivir aillado e de costas ao outro? Cal é a clave para vivir en colectivo? 

A resposta está na identidade.   

    Nesa procura do eu que comeza mesmo ao nacer, hai un camiño constante que nos vai descubrindo o mundo aos poucos, un mundo tan complexo e diverso que sempre haberá alguén alleo ao que achegarnos. Nese camiñar, por forza, caemos na conta de que a diversidade nos fai humanos e deste xeito axiña pasamos de estar na Casa a construír na paisaxe a nosa Terra, en base a nosa lingua, cultura e historia, unha personalidade na que o orixinal do nós, da nosa forma de ser nos abre as portas da universalidade. Trátase dun camiñar incesante e intrincado, intelixente e audaz no que se fai imprescindible practicar a empatía.   Liberarse dos prexuízos cara aos demais implica saber mellor quen somos e ser empáticos tanto cun mesmo como con calquera distinto a nós. Apreciar o propio conleva coñecer a diferenza e valorar a variedade de idiomas e culturas como a nosa esencia.

    A empatía será no camiño deste curso, a compañeira escollida como ferramenta para medrar. É unha compoñente que nos permite erguer o ser humano que transcende o eu, que repara no nós ineludiblemente incorporando o sentir do alleo. Coa empatía entenderemos que significa realmente a humanidade.

 

Como definirías o concepto da empatía?



Cres que este tema das nosas Tanxugueiras con Juancho Marqués ten algo que ver ou reflicte dalgunha maneira a empatía? 

Miré a los lados y estaban 
Las que tenían que estar 
Y las miradas bailaban
Sobre las olas del mar

Ao meu carón alí estaban
Esas que tiñan que estar 
E as miradas bailaban 
Sobre as ondas do mar

Vivo sobre unha pedra sentada
Estou deixando a vida pasar 
Inda sinto a brisa na cara
Vivo sobre una piedra sentada
Estoy dejando la vida pasar
Ahora siento la brisa en la cara

Ailaralalala ailaralalala ailaralalara 
Ailaralalala ailaralalala ailaralalara
Solo quise ser la plataforma
Dar cobijo al que venga después 
Lagrima que brotó de mis ojos
No verá que en la lluvia se fue
Hasta el árbol que un día planté
Tardará mucho tiempo en crecer 
Pero a ti te dejará una sombra 
Donde yo nunca me tumbaré 
Síntoas preto, ás que recollían as pedras
que me ferían ao camiñar
Síntoas preto, sendo terra
e eu a piques de naufragar 

Ailaralalala ailaralalala ailaralalara 
Donde yo nunca me tumbaré
Ailaralalala ailaralalala ailaralalara
Donde yo nunca me tumbaré
Ailaralalala ailaralalala ailaralalara
Miré a los lados y estaban
Las que tenían que estar
Ao meu carón alí estaban
Esas que tiñan que estar





martes, 9 de xuño de 2026

CONTIDOS DAS PROBAS DE RECUPERACIóN DE XUÑO

PARA O ALUMNADO CON SÓ a 3ª avaliación (ou unha avaliación) terá os mesmos contidos que na proba da avaliación pertinente: 

1ª avaliación

2ª avaliación 


PARA O ALUMNADO CON TRES ou DÚAS AVALIACIÓNS POR RECUPERAR (Os que teñan dúas avaliacións estudiarán só as preguntas das dúas que teñan pendentes):

1ª Avaliación:

UNIDADE O:  Lingua e sociedade:

- Panorámica da Historia da Lingua Galega

- Ortografía: As maiúsculas páx. 15 do libro de texto.

- Gramática: A lingua e a súa organización. Unidades lingüísticas. As palabras. Clases páx. 16-17

- O substantivo e adexctivo: Xénero e número  (só no blog).

- Gramática: Repaso das frases só polo BLOG


- A oración. Suxeito e predicado. Concordancia. Clases de oracións segundo a modalidade de enunciado Páx. 36- 37 . 

- Limiar: En galego por que non?

- Cap.I : Concepto de Estereotipo, prexuízo e discriminación. Identificar prexuízos. 


2ª Avaliación

PLAN LECTOR. EN GALEGO, POR QUE NON? (proba de lectura)

UNIDADE 4 

 Léxico: A palabra e os seus constituíntes páx. 74 do libro de aula.

Ortografía: O acento diacrítico páx. 75 do libro de aula e a listaxe do blog.

Gramática: O predicado. Clases de predicados. Perífrases verbais. páx. 76-77 do libro de aula.

Repaso de VERBOS REGULARES EN GALEGO

Tradición oral: As tradicións do Nadal galego. 


UNIDADE 5

Vocabulario : As palabras derivadas. Prefixos e sufixos. páx. 98 do libro de aula.

Ortografía: Palabras con B e con V, páx. 99 do libro de aula

Gramática: Repaso de Pronomes Persoais tónicos e átonos.

 

3ª Avaliación

GRAMÁTICA

Repaso de pronomes persoais átonos.

Repaso de Verbos Irregulares estudar mellor no blog e  

no libro de texto podes consultar unha listaxe incompleta nas páxinas 265-272

Complementos da Oración Simple

Complemento Directo e Indirecto páx. 120-121

 Complemento Circunstancial e Suplemento ou Complementeo Preposicional 140-141 

Atributo e Complemento predicativo páx. 160-161

 Clases de oracións.

Oracións copulativas e predicativas. páx. 184

Oracions activas e pasivas. A pasiva reflexa 184-185

Oracións transitivas e oracións intransitivas páx, 204-205

LINGUA E SOCIEDADE

Lusofonía no libro páxinas 86-87-88-89

Linguas da Península Ibérica

Begoña Caamaño Letras Galegas 2026


venres, 15 de maio de 2026

CONTIDOS DA PROBA DA TERCEIRA AVALIACIÓN

 GRAMÁTICA

Repaso de pronomes persoais átonos.

Repaso de Verbos Irregulares estudar mellor no blog e  

no libro de texto podes consultar unha listaxe incompleta nas páxinas 265-272

Complementos da Oración Simple

Complemento Directo e Indirecto páx. 120-121

 Complemento Circunstancial e Suplemento ou Complementeo Preposicional 140-141 

Atributo e Complemento predicativo páx. 160-161

 Clases de oracións.

Oracións copulativas e predicativas. páx. 184

Oracions activas e pasivas. A pasiva reflexa 184-185

Oracións transitivas e oracións intransitivas páx, 204-205


TRADICIóN ORAL: 

A orixe da Festa dos Maios: Os mitos-

Os tipos de celebracións.


LINGUA E SOCIEDADE

Lusofonía no libro páxinas 86-87-88-89

Linguas da Península Ibérica

Begoña Caamaño Letras Galegas 2026


Queda pendenta a lectura da Obra de Teatro:  que comezaremos despois desta proba escrita. 

domingo, 10 de maio de 2026

BEGOÑA CAAMAÑO LETRAS GALEGAS 2026

 


O Día das Letras Galegas celebrouse por vez primeira un 17 de maiod e 1963, xusto cena anos despois da saída da imprenta do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro, titulado Cantares Gallegos.   

Esta ano 2026 homenaxeamos neste Día das Letras a Begoña Caamaño. (1964-2014)  Procuramos unha breve biografía na que destacamos tres facetas a de xornalista a prol do galego, a de activista feminista e escritora que recrea a mitoloxía grega e céltica. 



                                                 Escribo para pensar o mundo que eu quero  (Begoña Caamaño)


DA MITOLOXÍA GREGA

1- Resume o argumento da Odisea de Homero, considerada a primeira novela da literatura occidental escrita hai 2600 anos na Grecia Antiga. Un libro que Begoña coñeceu na súa infancia e ao que volveu para escribir a súa primeira novela Circe ou o pracer do azul.  

2-Cantas mulleres aparecen citadas no argumento que acabas de atopar? 

Begoña Caamaño vai colocar, pola súa profunda convicción feminista, nun primeiro plano, como as protagonistas absolutas da súa narrativa,  a aquelas mulleres ás que Homero retratara na Grecia Antiga. O reto era grande e o resultado foi marabilloso. 


RESUMO DA TRAMA DA NOVELA: 
Circe ou o pracer do azul

...Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a problable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, dunha muller misteriosa que a informa que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí  vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres...

3- Quen son, como se chaman, estas dúas mulleres? 

4- Que nos contan os mitos gregos ou como chegaron ata nós estas dúas mulleres? 

5- Como era a Penélope da literatura galega ata chegar á Penélope de Begoña Caamaño? 

 Pequeno traballo de investigación: 

Da Penélope de Rosalía de Castro á Penélope de Begoña Caamaño, pasando pola de Xohana Torres.  


Poema de Rosalía de Castro: Tecin soia a miña tea (do libro Follas Novas)


 Do poema de Rosalía do libro En las orillas del Sar: Desde los cuatro puntos cardinales

Pero yo en el rincón más escondido
y también más hermoso de la tierra,
sin esperar a Ulises,
que el nuestro ha naufragado en la tormenta,
semejante a Penélope
tejo y destejo sin cesar mi tela,
pensando que ésta es del destino humano
la incansable tarea,
y que ahora subiendo, ahora bajando,
unas veces con luz y otras a ciegas,
cumplimos nuestros días y llegamos
más tarde o más temprano a la ribera.


Poema de Xohana Torres: Penélope


BEGOÑA E A RADIO GALEGA


Resume as principais ideas que Begoña defende nesta entrevista.

1ª LECTURA DO CURSO: EN GALEGO, POR QUE NON? de Manuel Núñez Singala

  PRÓLOGO E CAPÍTULO 0  CAPÍTULO I CAPÍTULO II CAPÍTULO III Capítulo IV    Da emoción á competencia explica o que fan nun centro de Primari...