martes, 5 de novembro de 2024

EN GALEGO POR QUE NON? Capítulo I



COMO NACEN OS PREXUÍZOS?

Os prexuízos parten dunha tautoloxía (unha opinión irrefutable) que son os denominados estereotipos.

Primeiro pensamos en negativo sobre algo, logo esas ideas pasan a ser sentimentos que expresamos como prexuízos e o máis grave é cando se converten en accións negativas (discriminacións)

Un prexuízo é criticar sen argumentos obxectivos, sen ter coñecementos previos de algo. De tal xeito aglutinamos baixo un mesmo criterio varios grupos de persoas, é dicir, creamos unha opinión comunmente negativa sobre ese grupo de persoas ou unha situación sen reparar nas singularidades de cadaquén. O prexuízo lingüístico é un xuízo de valor sobre unha lingua e os seus falantes. Os romanos e os gregos falaban por exemplo de pobos "bárbaros", é dicir, os que non sabían falar e só emitían sons como bar--bar... e polo tanto inferiores para referirse aos que non falaban latín ou grego, as linguas dignificadas polo imperio.

ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS

CUESTIÓNS:

1-IDENTIFICANDO OS PREXUÍZOS MÁIS COMÚNS SOBRE O GALEGO

Despois de definir o concepto debemos dar un paso máis neste proceso de erradicación dos prexuízos.

A primeira das metas que nos marcamos é poder identificar ditos prexuízos. Imos probar sobre un texto, unha situación determinada.

Imos probar a identificar que prexuízos dos que aparecen na listaxe da ilustración están neste texto adaptado dun relato de Suso de Toro:

 FALANDO DE NOMES...(Nunha oficina do Rexistro Civil falan o oficinista e un cidadán, un tal Xosé)

- ¿Qué quiere?

- Viña cambiar o meu nome do castelán para o galego.

- Pero hombre, no le entiendo. ¿Qué pasa con su nombre? ¿Está mal?... es que no acabo de entender lo que pretende usted exactamente. No sé a dónde quiere llegar.

5- Pois... Mire, o nome co que eu figuro no Rexistro Civil é "José". Ben, pois onde di "José" eu quero que poña "Xosé". Non sei se me expliquei ben ou lle queda confusa esta última parte.

- No me sea irónico, que así no se le va a ninguna parte. En resumidas cuentas, usted lo que pretende es traducir su nombre al gallego. Ya veo. Verá yo no me quiero meter en lo que no es de mi incumbencia, pero dígame, ¿no le gusta su nombre? José es un nombre muy bonito. Yo mismo me llamo José. Y mi hijo mayor, que es abogado.

10- Mire, señor José, nin me gusta nin me deixa de gusta o meu nome, pero eu quero que figure en galego.

- Ya, ya veo. Pero, total, a usted qué más le da. Si usted quiere llamarse Xosé, ¿quién se lo impide? Es libre de firmar como quiera.

- Xa, pero eu quero que, ademais de chamarme eu a min mesmo "Xosé", figure así nos papeis. Que se me recoñeza o meu nome.

15- Ya. Como los travestis, que se operan y luego quieren que se les reconozca el cambio de sexo. Vamos, entre hombres, de tú a tú. Dígame la verdá, ¿a usted le llama realmente alguien "Xosé"? Non lle pasa coma a min que todos me chaman Pepe?

- Si, home. Pero eu quero figurar a todos os efectos legais coma o "Xosé" que son.

- Ya, como los travestis. O sea que lo suyo es debido a sus ideas.

20- Pois si señor. O meu idioma é o galego, o idioma do meu país é o galego, e eu quero dentro e fóra do meu país chamarme "Xosé". En galego. Non sei se me explico.

- Se explica usted perfectamente. Es sorprendente cómo las ideas políticas pueden esclavizar a una persona. Y eso que usted parece una persona con estudios?¡Usted es un fanático! Alá usted y las consecuencias que le deparen sus actos. Pero no piense ni por un

25) momento que es usted más gallego que yo. Mire, tamén eu sei falar galego. Sempre que vou ao campo e falo cos paisanos, falo galego. A Marela, o carro , a fonte? Pero galego verdadeiro, eh. O enxebre. Non ese inventado agora polos profesores que non o mamaron. Vostede mamou o galego?, eh?, mamouno?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Proba: En galego, por que non?

 En galego por que non? de Manuel  Núñez Singala Capítulo 0 Capiítulo 1 Capítulo  2 Capítulo 3 Capítulo 4 Capítulo 5 Capítulo 6 Capítulo 7, ...