xoves, 12 de marzo de 2026

PLAN LECTOR: 2º Trimestre: O LOBISHOME DE CANDEÁN de Paula Carballeira


O libro de Paula Carballeira que temos que comezar a ler e resumir ( resumos manusritos a entregar o día da proba de lectura 17 de abril) tamén a repasar e practicar como se analizan os distintos elementos narrativos de cada capítulo. 

Comezamos lembrando como viramos en primeiro varios relatos da tradición oral galega que nos falan dos lobishomes, do lobo da xente ou do lobo da fada... sinónimos todos do galego para licántropo.

Logo procuramos, tras da lectura,  no primeiro capítulo titulado ELVIRA:

Historia (resumo e tipo de temática) 

Voz narradora

Personaxes 

Espazo

Tempos

Modos de discurso

luns, 23 de febreiro de 2026

CONTIDOS DA PROBA DA 2ª Avaliación:

PLAN LECTOR. EN GALEGO, POR QUE NON? (proba de lectura)

UNIDADE 4 

 Léxico: A palabra e os seus constituíntes páx. 74 do libro de aula.

Ortografía: O acento diacrítico páx. 75 do libro de aula e a listaxe do blog.

Gramática: O predicado. Clases de predicados. Perífrases verbais. páx. 76-77 do libro de aula.

Repaso de VERBOS REGULARES EN GALEGO

Tradición oral: As tradicións do Nadal galego. 


UNIDADE 5

Vocabulario : As palabras derivadas. Prefixos e sufixos. páx. 98 do libro de aula.

Ortografía: Palabras con B e con V, páx. 99 do libro de aula

Gramática: Repaso de Pronomes Persoais tónicos e átonos. 

Comunicación: O Día escolar da non violencia

Tradición oral: Do Entroido

Literatura:  Recursos literarios: 

De contido ou semánticos: metáfora, metonimia, personificación, hipérbole, simil, 

De ritmo: Paralelismo, polisíndeton, aliteración e anáfora. 


UNIDADE 6

Ortografia: Palabras con h ou sen h. páx. 119 do libro de aula 

Gramática: Os Complementos Directo e Indirecto páx. 120-121 do libro de aula.

UN POEMA A COMENTAR NO DÍA DE ROSALÍA

UNHA DUCIA DE MANEIRAS DE CELEBRAR O DÏA DO NACEMENO DE ROSALÍA DE CASTRO:


XAN 

Xan vai coller leña ó monte,

Xan vai a compoñer cestos,

Xan vai a poda-las viñas,

Xan vai a apaña-lo esterco,

e leva o fol ó muíño,                               5

e trai o estrume ó cortello,

e vai á fonte por augua,

e vai a misa cos nenos,

e fai o leito i o caldo...

Xan, en fin, é un Xan compreto,           10

desos que a cada muller

lle conviña un polo menos.

Pero cando un busca un Xan,

casi sempre atopa un Pedro.


Pepa, a fertunada Pepa,                           15

muller do Xan que sabemos,

mentras seu home traballa,

ela lava os pés no rego,

cátalle as pulgas ó gato,

peitea os longos cabelos,                        20

bótalles millo ás galiñas,

marmura co irmán do crego,

mira si hai ovos no niño,

bota un ollo ós mazanceiros,

e lambe a nata do leite,                            25

e si pode bota un neto

ca comadre, que agachado

traillo en baixo do mantelo.

E cando Xan pola noite

chega cansado e famento,                        30

ela xa o espera antre as mantas,

e ó velo entrar dille quedo:


—Por Dios non barulles moito...

que me estou mesmo morrendo.

—¿Pois que tes, ña mulleriña?                   35

—¿Que hei de ter? Deita eses nenos,

que esta madre roe en min

cal roe un can nun codelo,

i ó cabo ha de dar comigo

nos terrós do simiterio...                             40

—Pois, ña Pepa, toma un trago

de resolio que aquí teño,

e durme, ña mulleriña,

mentras os meniños deito.


De bágoas se enchen os ollos,                     45

de Xan ó ver tales feitos;

mas non temás, que antre mil,

n' hai máis que un anxo antre os demos;

n' hai máis que un atormentado

antre mil que dan tormentos.                         50


Rosalía de Castro do libro Follas Novas


ACTIVIDADES DE COMUNICACIÓN, LITERATURA, LINGUA E SOCIEDADE

1ª Que cres que nos quere dicir Rosalía con este poema?

Denuncia ou expresa un sentimento de critica ante  a desigualdade entre homes e mulleres con ironía. Rosalía describe unha situación totalmente contraria á que se daba en realidade na súa época entre homes e mulleres. Por iso é considerada unha poeta claramente protofeminista. 

Repara no que consiste este recurso literario da ironía: Expresar ou dar a entender o contrario do que se di expresamente (normalmente se axuda coa entoación).


2ª Imos falar un pouco doutros recursos que utiliza Rosalía neste poema para reforzar a ironía

Busca no poema os seguintes recursos:

Semánticos (que procura expresar o contido e intencón ou ton do texto)

Metáfora (identificación de dous conceptos)

Antítese (contraposición)

Hipérbole (esaxeración)

Enunciación (acumulación de accións ou substantivos)

Símil (comparación)

Metonimia (unha parte polo todo)


 Recursos gramaticais ou formais que provocan ritmo):

Paralelismo (repetir a estrutura dun verso)

Anáfora (repeticion duha ou máis palabras)

Polisíndeton (moitas conxuncións)


3ª Finalmente imos poñer en relación a intención ou o tema do poemas cos recursos e contexto social e literario de Rosalía:

Está moi claro que a intención de Rosalía neste poema é a de realizar unha crítica sutil ao machismo e as desigualdades da época a través deste texto irónico.  Fálanos dun home bo, Xan, que como ela di "deses que a cada muller lle conviña un polo menos. Pero cando un busca un Xan, casi sempre atopa un Pedro. Subliña así o seu interese especial pola muller como suxeito protagonista de muitos dos seus poemas.  Ademais deixa na última estrofa un certo sabor amargo relacionado coa denuncia da violencia de xénero ao lembrar que "anxo atormentado" hai un, pero lamentablemente son mil "os demos que dan tormentos". Convértese deste xeito Rosalía nunha defensora da igualdade, é dicir, un referente mesmo  na actualidade da loita feminista. 



martes, 10 de febreiro de 2026

DO ENTROIDO

 

O CICLO ANUAL NA NOSA TRADICIÓN:

 Pasado o Tempo de Defuntos e tras o soslticio de inverno que nós chamamos o ciclo das trece Lúas do Nadal chega o Entroido.

Do Entroido galego: un dos 10 máis orixinais do mundo.

 Etimoloxía: 

Carna vale! (Adeus á carne)

Calendario e do Entroido /  Coresma como contrapunto

 As Máscaras de Galicia e outras simboloxías.


PLAN LECTOR: 2º Trimestre: O LOBISHOME DE CANDEÁN de Paula Carballeira

O libro de Paula Carballeira que temos que comezar a ler e resumir ( resumos manusritos a entregar o día da proba de lectura 17 de abril) ta...