xoves, 19 de decembro de 2024

Unha cantiga de Nadal para aprender


  A primeira festa do ano: OS REIS DO CEBREIRO


 Antes de escoitar a Amadora, diferenza entre Aninovo e Ano novo:






mércores, 11 de decembro de 2024

EN GALEGO, POR QUE NON? Capítulos 4 e 5

 

Cuestionario sobre o Capítulo 4

Supoñamos que hai catro persoas galegas e das catro persoas hai unha que non fala galego...

1- Por que falar en galego cando hai alguén que non o fala NON é de mala educación?

Argumenta con alomenos tres razoamentos ben expostos unha resposta afirmativa, é dicir, non é de mala educación falar galego cando hai alguén que non o fala.

 Capítulo 5 de EN GALEGO, POR QUE NON?

Despois de ler o capítulo titulado: Porque non o damos falado ben, responde ao cuestionario seguinte cos criterios que se verteron na lectura:

1- É normal que a unha persoa que aprende o galego de segunda lingua lle resulte difícil.  Pero se a dificultade é natural, cal é o problema de fondo para que realmente a aprendamos ben?

2- Para falar ben unha lingua que é ineludible facer antes?

3- Por que a un polaco lle pode resultar máis doado aprender galego en catro meses que a un asturiano?

4-  Responde cres que aos franceses, británicos, españois e estadounidenses lles resulta máis fácil aprender outros idiomas? Como se explica?

5- Unha cousa curiosa, por que cres que os galegos cando se lles pregunta se falan ben o galego din que na súa comarca non, que é noutro punto de Galicia onde se fala ben o noso idioma? Cales son as razones obxectivas que contribúen a este tipo de crenzas?

6- O autor do libro fai referencia a unha gaivota chorona, que quere dicir con isto? Explícao razoadamente.

7- Que quere dicir Núñez Singala cando di que  "usa un castelan tinguido de galego"?

8- Seguindo o reto que nos plantea o autor imos poñer en castelán correcto o seguinte texto:

Érache boa! Madia leva, namentras non haxa unha vacina eu espétome na casiña, canda a lareira, con sentidiño, e se hai que deixar a poula as terras, e pasar todo o día esperrechado no sofá en cirolas, faise, e se petan na porta, que peten por máis riquiño ou o máis langrán ou galopin que sexa, eu a velas vir!. Vaites, vaites, presta ver como poalla e ti sen te mollar. Non che sei, que vou dicir, coma o colo dunha nai non che hai, só vou saír botar o cosco.

9- E como se fai no capítulo imos tamén conxugar catro verbos en presente de indicativo con alternancia vocálica, a ver que tal o fas (lembra que para falar unha lingua ben, hai que realizar un esforzo, sobre todo se non é a túa lingua habitual, e en principio vas cometer loxicamente erros):

- Durmir, subir, seguir e divertir.



martes, 10 de decembro de 2024

EN GALEGO POR QUE NON? Capítulo 3

CUESTIONARIO DO CAPÍTULO 3: 

1- Lémbraste deste texto que lemos en 1º da ESO?


Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produce a sabedoría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais. Velaí vai a demostración: Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal
.

CASTELAO, Sempre en Galiza.

Que terá que ver con este capítulo?

2-  Facendo contas caemos na conta de como funcionan algunhas trampelas coas que nos poden tomar o pelo e de que resulta relativamente sinxelo, pero á vez moi nocivo e velenoso mesturar verdades e mentiras para crear un tremendo prexuízo.  Enuncia as mentiras e as verdades que atopas tanto na historia dos tres amigos de cea con 300 euros  como no asunto (título) do que tratamos neste capítulo? 

3- Desmontamos a seguir o prexuízo do disco duro do ordenador.  Explica brevemente en que consiste este prexuízo e como podemos desmontalo? Recorda logo por que o saber non ocupa lugar? 

4-  A anécdota de Benxamín Franklin reforza o antedito.  Como a relacionarías co que respondemos na anterior pregunta?

5- Cantas grandes familias de linguas dixemos que hai no mundo?  

Identifica a súa orixe polo seu nome:

- Indoeuropeo:

-Camito-semita: (linguas árabes e xudías)

-Bantú:

-Amerindia:

-Sinoaustrina: 

 Pertence o éuscaro a algunha delas? Por que?

6-  Resumindo e sumando argumentos: Por que é un insulto á intelixencia, e algo moi patético, afirmar que aprender unha lingua é unha perda de tempo?

mércores, 20 de novembro de 2024

CONTIDOS 1ª AVALIACIÓN.

 UNIDADE O:  Lingua e sociedade: (Para os que teñan que recuperar esta parte) 

- Panorámica da Historia da Lingua Galega

UNIDADE 1: 

- Comunicación: Comunicación e funcións da linguaxe  páx. 8 do libro de aula.

- Vocabulario: A orixe do léxico (I). Palabras cultas e patrimoniais páx. 14.

**Incorporamos os seguintes gráficos como axuda solicitada para distinguir palabras cultas e patrimoniais: 


- Ortografía: As maiúsculas páx 15 do libro de texto.

- Gramática: A lingua e a súa organización. Unidades lingüísticas. As palabras. Clases páx. 16-17

- Literatura: Os textos e os xéneros literarios páx. 20-21


UNIDADE 2: 

- Comunicación: Os textos e as súas propiedades Páx. 28

- Vocabulario: A orixe do léxico (II). Léxico de substrato (prerromanos) e de superestrato (xermanos e árabes) páx. 34 

- Ortografía: Acentuación de ditongos, tritongos e hiatos páx. 35

- Gramática: Repaso das frases só polo BLOG


- A oración. Suxeito e predicado. Concordancia. Clases de oracións segundo a modalidade de enunciado Páx. 36- 37 


 DA UNIDADE 3:  

Gramática: O Suxeito, Clases de suxeito e as Oracións Impersoais páx. 56-57

- O substantivo: Xénero e número  (só no blog).


PLAN LECTOR: Lingua e sociedade.

- Limiar: En galego por que non?

- Cap.I : Concepto de Estereotipo, prexuízo e discriminación. Identificar prexuízos. 

- Cap. II: Porque soa mal. 

mércores, 13 de novembro de 2024

O XÉNERO E NÚMERO DE SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS


 O SUBSTANTIVO

Sobre o xénero e o número, son dúas categorías gramaticais que afectan a substantivos, adxectivos e pronomes. Imos traballar polo de agora con substantivos e adxectivos. 

O  XÉNERO:


O NÚMERO:

luns, 11 de novembro de 2024

EN GALEGO, POR QUE NON? Capítulo II



 


No capítulo segundo debes cubrir un pequeno recadro que aparece na páxina 29 antes de seguir lendo.

CUESTIÓNS

1- Despois de ler o capítulo podes ir respondendo en base a ese cadro as seguintes cuestións:

 - Que teñen en común as linguas da primeira columna? 

-   Que comparten as da segunda?

2- Como se orixinaron as palabras bárbaro e bérbere? 


3- Cal é a etimoloxía da palabra algarabia?

4- Lembras algunha película, ademais da que se comenta na lectura, onde existan prexuízos lingüísticos evidentes? Explica polo menos un caso.




martes, 5 de novembro de 2024

EN GALEGO POR QUE NON? Capítulo I



COMO NACEN OS PREXUÍZOS?

Os prexuízos parten dunha tautoloxía (unha opinión irrefutable) que son os denominados estereotipos.

Primeiro pensamos en negativo sobre algo, logo esas ideas pasan a ser sentimentos que expresamos como prexuízos e o máis grave é cando se converten en accións negativas (discriminacións)

Un prexuízo é criticar sen argumentos obxectivos, sen ter coñecementos previos de algo. De tal xeito aglutinamos baixo un mesmo criterio varios grupos de persoas, é dicir, creamos unha opinión comunmente negativa sobre ese grupo de persoas ou unha situación sen reparar nas singularidades de cadaquén. O prexuízo lingüístico é un xuízo de valor sobre unha lingua e os seus falantes. Os romanos e os gregos falaban por exemplo de pobos "bárbaros", é dicir, os que non sabían falar e só emitían sons como bar--bar... e polo tanto inferiores para referirse aos que non falaban latín ou grego, as linguas dignificadas polo imperio.

ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS

CUESTIÓNS:

1-IDENTIFICANDO OS PREXUÍZOS MÁIS COMÚNS SOBRE O GALEGO

Despois de definir o concepto debemos dar un paso máis neste proceso de erradicación dos prexuízos.

A primeira das metas que nos marcamos é poder identificar ditos prexuízos. Imos probar sobre un texto, unha situación determinada.

Imos probar a identificar que prexuízos dos que aparecen na listaxe da ilustración están neste texto adaptado dun relato de Suso de Toro:

 FALANDO DE NOMES...(Nunha oficina do Rexistro Civil falan o oficinista e un cidadán, un tal Xosé)

- ¿Qué quiere?

- Viña cambiar o meu nome do castelán para o galego.

- Pero hombre, no le entiendo. ¿Qué pasa con su nombre? ¿Está mal?... es que no acabo de entender lo que pretende usted exactamente. No sé a dónde quiere llegar.

5- Pois... Mire, o nome co que eu figuro no Rexistro Civil é "José". Ben, pois onde di "José" eu quero que poña "Xosé". Non sei se me expliquei ben ou lle queda confusa esta última parte.

- No me sea irónico, que así no se le va a ninguna parte. En resumidas cuentas, usted lo que pretende es traducir su nombre al gallego. Ya veo. Verá yo no me quiero meter en lo que no es de mi incumbencia, pero dígame, ¿no le gusta su nombre? José es un nombre muy bonito. Yo mismo me llamo José. Y mi hijo mayor, que es abogado.

10- Mire, señor José, nin me gusta nin me deixa de gusta o meu nome, pero eu quero que figure en galego.

- Ya, ya veo. Pero, total, a usted qué más le da. Si usted quiere llamarse Xosé, ¿quién se lo impide? Es libre de firmar como quiera.

- Xa, pero eu quero que, ademais de chamarme eu a min mesmo "Xosé", figure así nos papeis. Que se me recoñeza o meu nome.

15- Ya. Como los travestis, que se operan y luego quieren que se les reconozca el cambio de sexo. Vamos, entre hombres, de tú a tú. Dígame la verdá, ¿a usted le llama realmente alguien "Xosé"? Non lle pasa coma a min que todos me chaman Pepe?

- Si, home. Pero eu quero figurar a todos os efectos legais coma o "Xosé" que son.

- Ya, como los travestis. O sea que lo suyo es debido a sus ideas.

20- Pois si señor. O meu idioma é o galego, o idioma do meu país é o galego, e eu quero dentro e fóra do meu país chamarme "Xosé". En galego. Non sei se me explico.

- Se explica usted perfectamente. Es sorprendente cómo las ideas políticas pueden esclavizar a una persona. Y eso que usted parece una persona con estudios?¡Usted es un fanático! Alá usted y las consecuencias que le deparen sus actos. Pero no piense ni por un

25) momento que es usted más gallego que yo. Mire, tamén eu sei falar galego. Sempre que vou ao campo e falo cos paisanos, falo galego. A Marela, o carro , a fonte? Pero galego verdadeiro, eh. O enxebre. Non ese inventado agora polos profesores que non o mamaron. Vostede mamou o galego?, eh?, mamouno?


CONTIDOS DAS PROBAS DE RECUPERACIóN DE XUÑO

PARA O ALUMNADO CON SÓ a 3ª avaliación (ou unha avaliación) terá os mesmos contidos que na proba da avaliación pertinente:  1ª avaliación 2ª...