Nesta entrada tes os contidos que debes preparar para a proba da terceira avaliación, indicamos as páxinas do libro onde podes volver consultar eses contidos dados. Hai varios enlaces que che permitirán ver no blog algúns dos contidos expostos. Nalgún caso, como o das Letras Galegas só poderás facelo a través do blog.
GRAMÁTICA das Unidades 6.,7, 8 e 9. Repaso de Verbos irregulares e Pronomes persoais átonos.
Complementos oracionais: Directo e indirecto páx.120-121, Complemento circunstancial e preposicional páx. 140-141, Atributo e predicativo 160-161. Clases de oracións 184-185
Repaso dos verbos irregulares no blog.
Tamén podes facelo no libro nas páx. 265 e seguintes.
Para repasar os pronomes persoais átonos no libro páx. 262, pero sobre todo no blog (ao final da entrada dos contidos da 2ª avaliación)
LÉXICO E ORTOGRAFíA: Das unidades 6-7
Léxico: As palabras compostas páx. 118 Polisemia e homonimia páx. 138
Ortografía: As palabras homófonas con e sen h páx. 119. A raia e as comiñas páx. 139
LITERATURA: Das unidades 10-11-12
-Subxéneros teatrais: Comedia páx. 208-209, Traxedia páx. 228-229 e Drama páx.248-249
LINGUA E SOCIEDADE: Pregunta fixa desta avaliación.
LETRAS GALEGAS 2024: LUÍSA VILLALTA: Vida e obra.
PLAN LECTOR: Leremos e traballaremos na aula: O achado do castro de Manuel Núñez Singala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario