mércores, 6 de marzo de 2024

CONTIDOS DA SEGUNDA AVALIACIÓN


LECTURA DA 2ª AVALIACIÓN 

 Lembrar, en primeiro lugar, sinalar que despois de Semana Santa será a próxima Proba de lectura do curso, despois do Encontro coa autora Paula Carballeira do próximo 2 de abril, día para o que hai que ter lido a novela O LOBISHOME DE CANDEÁN.

UNIDADE 3

Gramática: Clases de suxeitos. Oracións Impersoais, Páx. 56-57 do libro de aula.

Literatura: A poesía intimista. páx. 60-61 do libro de aula.

UNIDADE 4

 Léxico: A palabra e os seus constituíntespáx. 74 do libro de aula.

Ortografía: O acento diacrítico páx. 75 do libro de aula.

Gramática: O predicado. Clases de predicados. Perífrases verbais. páx. 76-77 do libro de aula.

UNIDADE 6

Gramática: Os Complementos Directo e Indirecto páx. 120-121 do libro de aula. 


GRAMÁTICA

Verbos regulares en galego  páx, 263-264

Pronomes Persoais tónicos e átonos páx. 262

Colocación dos pronomes persoais átonos:

 Nunca comeza o enunciado cun pronome átono:  Éncheme o depósito. Díxenlle todo.

Habitualmente irá detrás do verbo:  Quérote.

 

Existen catro excepcións:

 - Oracións negativas ou desiderativas:  Non te quero / Oxalá te quixese.

- Oracións subordinadas: Dixo que te quería/ se te quixese... / porque te quería.

- Oracións interrogativas ou exclamativas directas: Quen te quererá?/ Como te quería!

. Cando antes do verbo hai adverbios e indefinidos: Xa te quería/  Alguén te querería

Exercicios con pronomes persoais para practicar



LITERATURA:  Día de Rosalía Vida e obra da autora. Por que segue viva hoxe Rosalía?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

QUE SABER DOS VERBOS IRREGULARES

  Lembras como se conxugaban os verbos regulares en galego?  Os seus 3 modos, os 10 tempos, que tiñan tres conxugacións e tres persoas en si...