Imos achegarnos á vida e obra de Luísa Villalta, a autora do Día das Letras Galegas do 2024.
Todo o que conmove transforma...
Escoitemos un poema seu musicado:
A seguir utiliza sete conceptos para asentar os datos usando o SETESTRELO
Xa podes ir redactando a túa propia biografía sobre esta autora. Para recuperar datos podes usar os que ofrecen na rede outras biografías como a editada polo Consello da Cultura Galega. Podes ir tamén engadíndolle versos e textos seus para ler e pensar:
“Nacín enfronte de min mesma
cando a Pescadería era un leito de sereas”
“E falo tamén dos xardíns que organizan
estratexias
para que a nena que aínda teño de chegar a
ser
desconfíe dos lugares abertos
que non teñen saída...”
“Faga o que faga algo me lembra sempre que
son unha muller”
"Mírame, mírate, mírame en ti
e escólleme para soñarte."
“Destes nosos corpos, o único que somos”
“A inmensidade do espazo que temos para
voar”
" O feminismo ten un campo de análise e
actuación renovado na medida en que parte da súa mensaxe está a ser reutilizada
como un novo meio de aclimatar unha nova feminidade, isto é, mudar o necesario
para que nada mude”
“Desta idade media burguesa que me separa
do coñecimento e intenta dirixirme á trapela do bon gosto”.
“Formalmente libres pero substancialmente
impotentes até a exasperación”
“O estado de conciencia a que me refiro
parte en min da interpretación musical (...) A melodía que soa no violino xorde
dun acto continuo da vontade (...) Desta mesma vontade nace a palabra”.
“Un día saín do meu violino, lembro, e
enxordecín a escala da corda por lle facer nós de palabras que me permitisen
baixar aos camiños”.
“Baixei os sonidos ao silencio da
necesidade e púxenme a escoitar.
Quixen traer a poesía ao chan e edificar a memoria
de promisión de que falan
os soñadores corazóns que me rodean na
Historia.
Procurei a concreción.”
“Restituír a primitiva unidade da música e
a poesía desenvolvendo un punto de vista inédito na interpretación dos textos
literarios”

.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario