domingo, 28 de setembro de 2025
martes, 16 de setembro de 2025
UNIDADE 0/ A MEMORIA DO NOSO (II): Panorama da historia da Lingua Galega
Como nace unha lingua?
Unha comunidade que vive nun territorio concreto ao longo dun tempo en condicións favorables é quen de crear unha lingua como consecuencia dun conxunto complexo de accións e reaccións seculares das persoas que conforman esa comunidade coa natureza que as rodea.
Cando nace unha lingua nace como un ser que vai desenvolver con capacidade propia a súa singular maneira de ver o mundo. Todas as linguas pasan por etapas infantís e xuvenís nas que non son aínda unha lingua plenamente autónoma, pero cando chega á maioríade idade, convértese na peculiar forma de percibir o universo que os seus falantes van incorporando como un gran legado a gardar con agarimo. Porque ese conxunto de palabras conforman a identidade, o carácter a forma de pensar, un patrimonio que nos fai humanos. Do contrario serían seres incapaces de entender o seu entorno, sen as voces que esa lingua lles foi dando como ferramenta de expresión e comunicación cos demais, de comprensión e interpretación do mundo, sen a súa fala, non serían ninguén.
O NACEMENTO, ESPLENDOR E DECADENCIA MEDIEVAL DA NOSA LINGUA
DOS SÉCULOS ESCUROS AO REXURDIMENTO
venres, 5 de setembro de 2025
UNIDADE 0/ A MEMORIA DE NOSO (I) Como andas de afán por saber?
Por que a memoria? Falamos da memoria porque é unha ferramenta da humanidade altamente necesaria para progresar, e o progreso sen coñecemento faise unha tarefa imposible. Mais non hai memoria sen curiosidade, ese afán de saber de nós, ese espello do ser no que se reflicte a identidade.
O meu amor se ti fores
luns, 9 de xuño de 2025
PROBA DE RECUPERACIÓN DE XUÑO
Os contidos desta proba do próximo día 18 de xuño por avaliacións son:
1ª Avaliación:
Gramática: AS CLASES DE PALABRAS páx. 17 do libro.
Lingua e sociedade:
PANORÁMICA DA HISTORIA DA LINGUA GALEGA no blog
Léxico, ortografía e expresión: A ORIXE DO LÉXICO páx. 34 do libro
PALABRAS CULTAS E PATRIMONIAIS na páx, 14 do libro
Literatura: OS XÉNEROS LITERARIOS páx. 20 e 21 do libro
2ª Avaliación:
Gramática: VERBOS REGULARES
CLASES DE PREDICADOS. PERÍFRASES VERBAIS páx.: 76-77 do libro de texto
Léxico, ortografía e expresión: PALABRAS DERIVADAS. no libro páx. 98
PALABRAS CON V ou B no libro páx. 99
Plan lector: EN GALEGO, POR QUE NON? (incluirá unha pregunta sobre este libro traballado na aula)
3ª Avaliación:
Gramática: VERBOS IRREGULARES
TIPOS DE COMPLEMENTOS DA ORACIÓN SIMPLE no libro páx: 120-121, 140-141 e 160-161
Léxico, ortografía e expresión: PALABRAS COMPOSTAS no libro páx. 118.
PALABRAS CON H ou sen H no libro páx. 119
Lingua e sociedade: AS LETRAS DAS CANTAREIRAS
A LUSOFONÍA páx. 88-89
Literatura: O XÉNERO TEATRAL características do texto dramático a partir da lectura ou da representación dunha obra de teatro.
Plan lector: O ACHADO DO CASTRO de Manuel Núñez Singala (Farase unha proba exclusiva sobre a lectura).
luns, 19 de maio de 2025
CONTIDOS 3ª Avaliación:
Lingua e Sociedade:
LETRAS GALEGAS 2025: Que lle debemos nós ás pandeireteiras?
AS LINGUAS DA PENÍNSULA E A LUSOFONÍA no libro páxinas 86,87.88 e 89
Gramática:
REPASO DE PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS
TIPOS DE COMPLEMENTOS DA ORACIÓN SIMPLE: páx. do libro : 120-121, 140-141 e 160-161
O nome das cousas
PALABRAS COMPOSTAS páxina 118
CON H- e SEN H- páxina do libro 119
Literatura
O XÉNERO TEATRAL: Características dunha obra teatral a partir dunha representación.
PLAN LECTOR: Leremos na aula unha obra de teatro: O ACHADO NO CASTRO, de M. Núñez Singala e realizaremos posteriormente dela unha proba de compresión lectora.
COMPLEMENTOS DA ORACIÓN SIMPLE
OS COMPLEMENTOS VERBAIS ORACIÓNS TRANSITIVAS E INTRANSITIVAS: TIPOS DE ORACIÓNS:
-
2º Podes ver a seguir un cadro coas formas contractas, que tamén podes atopar na páx, 262 do libro. 3º Colocación dos pronomes átonos: -...
-
AS RAÍCES DA NOSA LINGUA I- Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia, a civilizac...
-
Lembras como se conxugaban os verbos regulares en galego? Os seus 3 modos, os 10 tempos, que tiñan tres conxugacións e tres persoas en si...



