luns, 9 de xuño de 2025

PROBA DE RECUPERACIÓN DE XUÑO

 

Os contidos desta proba do próximo día 18 de xuño por avaliacións son:

1ª Avaliación:

Gramática: AS CLASES DE PALABRAS páx. 17 do libro.

O XÉNERO E O NÚMERO no blog

AS FRASES: TIPOS 

Lingua e sociedade: 

PANORÁMICA DA HISTORIA DA LINGUA GALEGA no blog

Léxico, ortografía e expresión: A ORIXE DO LÉXICO páx. 34  do libro

PALABRAS CULTAS E PATRIMONIAIS na páx, 14 do libro

Literatura: OS XÉNEROS LITERARIOS páx. 20 e 21 do libro


2ª Avaliación:

Gramática: VERBOS REGULARES

CLASES DE PREDICADOS. PERÍFRASES VERBAIS páx.: 76-77 do libro de texto

Léxico, ortografía e expresión: PALABRAS DERIVADAS.  no libro páx. 98

PALABRAS CON V ou B no libro páx. 99

ACENTO DIACRÍTICO

Plan lector: EN GALEGO, POR QUE NON? (incluirá unha pregunta sobre este libro traballado na aula)


3ª Avaliación: 

Gramática:  VERBOS IRREGULARES

PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS 

TIPOS DE COMPLEMENTOS DA ORACIÓN SIMPLE no libro  páx: 120-121, 140-141 e 160-161

Léxico, ortografía e expresión: PALABRAS COMPOSTAS no libro páx. 118.

PALABRAS CON H ou sen H no libro páx. 119

Lingua e sociedade: AS LETRAS DAS CANTAREIRAS

AS LINGUAS DA PENÍNSULA.

A LUSOFONÍA páx. 88-89

Literatura: O XÉNERO TEATRAL características do texto dramático a partir da lectura ou da representación dunha obra de teatro.

Plan lector: O ACHADO DO CASTRO de Manuel Núñez Singala (Farase unha proba exclusiva sobre a lectura).

PLAN LECTOR 3ª Avaliación


 

Como se chaman as/os personaxes desta obra? 

Que sabemos sobre elas e eles?



luns, 19 de maio de 2025

CONTIDOS 3ª Avaliación:

Lingua e Sociedade:   

LETRAS GALEGAS 2025: Que lle debemos nós ás pandeireteiras?

AS LINGUAS  DA PENÍNSULA E A LUSOFONÍA no libro páxinas 86,87.88 e 89

Gramática:

VERBOS IRREGULARES

REPASO DE PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS

TIPOS DE COMPLEMENTOS DA ORACIÓN SIMPLE:  páx. do libro : 120-121, 140-141 e 160-161

O nome das cousas

PALABRAS COMPOSTAS páxina 118 

CON H- e SEN  H-  páxina do libro 119


Literatura

 O XÉNERO TEATRAL:  Características dunha obra teatral a partir dunha representación.


PLAN LECTOR: Leremos  na aula  unha obra de teatro: O ACHADO NO CASTRO, de  M. Núñez Singala e realizaremos posteriormente dela unha proba de compresión lectora. 



domingo, 27 de abril de 2025

 


Unha tradición oral viva ata o de hoxe na boca dos máis pequenos é a Festa dos Maios en Marín. Foi, en todo caso, perdendo elementos constitutivos máis acordes co costume foi deixando atrás pola presión e actualización non sempre respectuosas coa esencia da mesma. Falamos, por exemplo, do percorrer as rúas e as coplas petitorias que se asociaban á chegada da primavera simbolizada pola figura do maio e os cantos alegres da rapazada que solicitaban  a cambio e por achegar a forza fecunda e florida da natureza á porta da casa un donativo. Eran logo ese agasallo e ese donativo parte esencial á hora de entender a funcionalidade da tradición dos maios. Os concursos de maios apareceron cando se debilitaba a tradición e provocaron cambios nela sen destruíla por enteiro provocando un revulsivo creativo a hora de crear as coplas críticas que seguramente terían menor presenza na versión dos maios de Marín de hai dous séculos A tradición milenaria, sen dúbida, segue viva logo, goza de boa saúde e, como tal, ha seguir centos de primaveras máis namentres haxa nenas e nenos marinenses dispostos a cantar os maios.  


Tipos de celebracións da Festa do Maio: 

mércores, 9 de abril de 2025

AS CANTAREIRAS E AS RECOLLEITAS

No ano 2025 a Real Academia Galega dedícalle este Día das Letras ás pandeireteiras e a tradición oral popular, un conxunto de centos e miles de mulleres que habitualmente foron e son aínda anónimas, pero que a Academia decide singularizar en 6 cantadeiras xa falecidas como son Rosa e Adolfina Casás, Eva Castiñeira e as pandeireteiras de Mens (Prudencia e Asunción Garrido, Teresa García e Manuela Lema). Dalgún xeito se homenaxea ás que lograron manter viva a tradición oral de séculos ata os nosos días, que estando a piques de botarse a perder, como consecuencia de que se foi esmorecendo o mundo rural e labrego en gran medida.  Mais nos anos setenta e oitenta do século pasado o traballo de recolleitas e cancioneiros (especialmente o Dorothé Schubarth)  e a actividade recuperadora de grupos musicais e asociacións folclóricas fixo que cun carácter máis urbano a tradición oral siga viva na boca da mocidade e con novas fórmulas de dinamización, concertos e festivais, escolas de música ademais dunha recuperación das foliadas e seráns semellantes ás de outrora. 









Que lle debemos ás nosas cantareiras?

Hai que agradecer, en primeiro lugar, a súa constancia para poder legar e transmitir un rico e enorme patrimonio oral, de mantelo vivo  ata os nosos días e permitir que da súa boca xenerosa se recollese. O Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina (un traballo dunha musicóloga suíza  co apoio dun filólogo e folclorista galego) é un dos máis destacados de toda Europa. Debemos agradecer este legado porque é unha  marca de identidade que une lingua e canto (música) e que comporta unha forma de coñecemento das nosas raíces culturais como pobo. Debemos agradecer por último a oportunidade de manter viva esa tradición oral e poder ser as novas xeracións transmisoras para as xeracións futuras deste patrimonio impresionantemente rico e vigoroso de noso.

Por que ás mulleres?  

Xa o deixou dito Sarmiento (o primeiro en interesarse e recoller cantos populares galegos):

En Galicia as mulleres non son soamente poetas senón músicas naturais. En Castela e Portugal e outras provincias os homes son os que compoñen as coplas e inventan os tons e aires e así se ve que neste xénero das coplas populares falan os homes coas mulleres. No meu país é ao contrario, na maior parte falan as mulleres cos homes e é por que elas son as que compoñen as coplas e elas mesmas inventan os tons  e os aires que han de cantar.

 

                        Martín Sarmiento en Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles

 

As foliadas ou seráns, mesmo moitas outras actividades de traballo nas aldeas, como as fiadas, nas que tras o duro traballo de fiar se remataban con diversión e baile  e que eran organizadas tradicionalmente e desde antigo polas mulleres. Logo os mozos asistían invitados a ese espazo liderado claramente polas mozas no que cantaban e bailaban, como fenómeno de socialización.

CONTIDOS DAS PROBAS DE RECUPERACIóN DE XUÑO

PARA O ALUMNADO CON SÓ a 3ª avaliación (ou unha avaliación) terá os mesmos contidos que na proba da avaliación pertinente:  1ª avaliación 2ª...