domingo, 27 de abril de 2025

 


Unha tradición oral viva ata o de hoxe na boca dos máis pequenos é a Festa dos Maios en Marín. Foi, en todo caso, perdendo elementos constitutivos máis acordes co costume foi deixando atrás pola presión e actualización non sempre respectuosas coa esencia da mesma. Falamos, por exemplo, do percorrer as rúas e as coplas petitorias que se asociaban á chegada da primavera simbolizada pola figura do maio e os cantos alegres da rapazada que solicitaban  a cambio e por achegar a forza fecunda e florida da natureza á porta da casa un donativo. Eran logo ese agasallo e ese donativo parte esencial á hora de entender a funcionalidade da tradición dos maios. Os concursos de maios apareceron cando se debilitaba a tradición e provocaron cambios nela sen destruíla por enteiro provocando un revulsivo creativo a hora de crear as coplas críticas que seguramente terían menor presenza na versión dos maios de Marín de hai dous séculos A tradición milenaria, sen dúbida, segue viva logo, goza de boa saúde e, como tal, ha seguir centos de primaveras máis namentres haxa nenas e nenos marinenses dispostos a cantar os maios.  


Tipos de celebracións da Festa do Maio: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PLAN LECTOR: 2º Trimestre: O LOBISHOME DE CANDEÁN de Paula Carballeira

O libro de Paula Carballeira que temos que comezar a ler e resumir ( resumos manusritos a entregar o día da proba de lectura 17 de abril) ta...