Constrúe un texto narrativo a partir desta
viñeta usando como elementos esenciais as referenciais citadas na ilustración e o que xa sabes sobre a morte e a
tradición en Galicia. Escolle con esmero para esta historia o seu final, pensa
logo tamén o ton, o ritmo máis axeitados, aqueles que che permitan poñer en
práctica e amosar no texto creado as túas destrezas literarias máis sutís e
deleitosas.
Has de reflexionar sobre a voz narrativa que
vas usar, de entre as varias posibles e, claro está, o/a personaxe ou os/as teu(s)/túa(s)
protagonista(s). Podes usar a descrición de espazos e o diálogo de personaxes,
ou se cadra botarás man dunha narración sen máis. Pero enche o texto de
recursos estilísticos que fagan o texto atractivo e intenso. Un consello
esencial: Debes coidar a ortografía, pasarlle o corrector e procurar non ter
nin unha soa falta. Sorpréndenos!
NOTA DE INTERESE: Esta pequena obra poderá
sumarche un punto nesta avaliación a túa nota, mais só haberá tres textos
seleccionados por aula canxeables por unha das preguntas do próximo exame de
galego.
Anímate a probar sorte!
Participaron de 2º ESO A:
Mateo Alonso, Alba Miguélez, Fernando Padín, Fiona Pouseu, Cloe Sampedro e Iago Padín
Participaron de 2º ESO B:
Sabela Argibay, Héctor Caldas, María Canosa, Victoria Castro, Iago Fragueiro, Xabier González, Ángela Moldes, Valeria Osorio, Uma Otero, Mariña Otero, Carlota Paz, Lola Pazos e Teo Recamán.
Os textos gañadores estarán proximamente colgados na páxina da Biblioteca de Secundaria.
A adolescencia é unha etapa crucial xa que
nesta banda de idade é cando se produce a opción lingüística que logo tenderá a
perpetuarse. Van dedicadas estas páxinas a vós rapaces e rapazas da ESO.
Trátase dun texto que procura combater as simplificacións e os prexuízos
vixentes aínda no século XXI, opinións lingüísticas baseadas en xuízos erróneos
de poderosa inercia que malia estaren superadas, demostrada a súa falsidade,
seguen tendo un eco notable na opinión pública de hoxe, especialmente entre os
sectores máis novos da sociedade, unha das razóns da perda de falantes entre a
mocidade. O futuro do galego está na xente nova, sodes os falantes do mañá, a
continuidade da lingua está condicionada porque a acollades conservedes e
usedes libres de simplificacións e prexuízos.
As ideas e opinións sobre a lingua galega que
temos as galegas/os son moi variadas. Tamén é verdade que moitas veces as
opinións que posuímos non son nosas, son prestadas. Adoptamos a que soe ser
maioritaria ou que cremos que comparten a maioría das persoas (se todos pensan
así, debe ser o correcto). Iso afórranos traballo.Pero coidado, porque iso pódenos enganar moi
facilmente, adoptar unha opinión que cremos maioritaria non é garante de que
sexa certa e nin tan sequera opinión da maioría (durante cantos séculos se
pensou que a terra era plana?).
Este libro repara na importancia de convidar á
reflexión. a pensar honradamente sobre o galego, esperando que nestas páxinas
descubras elementos que che permitan crear unha opinión propia, túa, sen simplificacións
, sen prexuízos sobre a lingua galega.
DESPOIS DE LER O LIMIAR-PRÓLOGO E O CAPÍTULO 0
CUESTIÓNS
1- A que xénero pertence este libro? Por que
esta lectura non é unha novela nin un conto, non é un libro de poesía nin é de
teatro?
2- Sobre a páxina 11: Este libro a quen vai
dirixido especialmente? Por que?
3- Con que adxectivo, as galegas/os,
denominamos á gaivota común? Que ten de estraño?
Por que cres que facemos isto as galegas/os?
4- Algo semellante a da gaivota ocorreu con ROSALÍA
DE CASTRO, pero como debemos interpretar realmente a súa obra? Atopa a resposta na
páxina 14.
5- Sobre que vai tratar este libro de Manuel
Núñez Singala? Por que o sabemos. Procura os argumentos que dá o autor na
páxina 15.
I-Na
prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros
habitantes de Galicia, a civilización dos castros falaron diversas linguas eran de orixe pre-indoeuropea e logo cara o século VI
antes de Cristo chegarían aquí tribos de celtas, unha das grandes familias
indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o substrato da nosa
lingua.
II-Antes do
galego, GALLAECIA: Os romanos chegan ao noso territoriocara o 131 a.C.. Esta terra tiña unha cultura prerromana
que chamamos castrexa. Os romanos establecen unha división provincial na
península dándolle o nome de Gallaecia a un territorio maior da actual Galicia,
que chega polo sur ata o río Douro e
polo leste ata Cantabria. O latín substituíu as linguas dos anteriores
poboadores e será a base sobre a que nacerá o galego.
III-GALICIA,
o 1º reino medieval de Europa: Coa chegada dos Suevos, un pobo xermánico, baixo o seu
dominio consolídase un reino independente que levará o mesmo nome dado antes
polos romanos e seguirá falando latín con certas aportacións denominadas de
superestrato de orixe xermánica.
O NACEMENTO, ESPLENDOR E DECADENCIA MEDIEVAL DA NOSA LINGUA
IV-Nace o
galego e as peregrinacións a Compostela: Entre o VIII e
o IX o idioma que fala este reino de Gallaecia diferénciase claramente do que
se fala noutros puntos da península, xa non é latín. Polo sur da península os
musulmáns fanse fortes, pero van ter escasa presencia no norte. Descóbrese o
sepulcro de Santiago en Compostela. Aínda que se fala o galego o primeiro
documento escrito non aparece ata moito máis tarde, o ano 1228.
V-O
esplendor medieval da nosa literatura: Nos séculos XII-XIII o uso do
galego xeneralízase mesmo na escrita e será entón cando aparecen as primeiras
expresións literarias en forma de cantigas. O desenvolvemento da arte románica
tamén será, en certa medida, unha consecuencia dos intercambios culturais do Camiño
de Santiago. A lírica galaico-portuguesa será o referente literario de poetas
de toda a península e unha das máis importantes de Europa. Ao longo destes
séculos, a pesares da independencia de Portugal no 1128, existía unha mesma
lingua ao norte e ao sur do Miño.
VI-Decadencia
do XIV-XV: A desaparición
dunha nobreza galega que promocione a literatura en galego, ao ser substituída
por outra de orixe castelá, provocou un proceso de decadencia que non só fai
desaparecer o reino de Galicia, senón tamén a súa literatura culta.
DOS SÉCULOS ESCUROS AO REXURDIMENTO
VI(bis)- Os Séculos Escuros XVI-XVIII: Nos Séculos Escurosa lingua galega tras da caída da nobreza da nosa terra perde todo cultivo escrito, pero permanecerá viva entre as xentes humildes, unha poboación iletrada que manterá a fala e unha rica literatura de tradición oral, verdadeira sustentadora da nosa cultura ata ben entrado o século XIX.
VII-Os
ilustrados e precursores dunha nova etapa: Á luz dos
ilustrados comezarán a disiparse as mestas néboas destes séculos sobre o noso feito cultural. Martín Sarmiento, foi dos primeiros en
preocuparse pola situación do noso idioma e propoñer camiños de normalización
cultural como a introdución do galego no ensino, na administración da xustiza
ou na igrexa.Escribe unha obra en galego modelo para que xa no século XIXaparezan máis obras na nosa lingua, as dos chamados precursores, que prepararán o camiño para as
grandes figuras que virán axiña.
VIII-O
primeiro galeguismo e o Rexurdimento literario: A mediados do
XIX en 1846 nace un movemento de reivindicación política, o Provincialismo, que
ao ser reprimido pola forza, fixo refuxiarse nun movemento cultural a toda
reclamación de dereitos para Galicia. Coa publicación das obras de Rosalía de
Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez comeza o Rexurdimento da nosa
literatura culta. Tamén a finais do século dará comezo a andaina dos movementos
galeguistas.
DO SÉCULO XX Á ACTUALIDADE
IX-Unha nova
idea de Galicia: Do Galeguismo ao Nacionalismo: Afondando na
identidade de Galicia e nas súas necesidades vaise dar paso á constitución do
Partido Galeguista, xorde o movemento nacionalista da man das Irmandades da
Fala que se preocupan por recuperar e modernizar a tradición cultural galega e
superar o complexo de inferioridade dos galegofalantes. A xeración Nós e Castelao
son ademais de destacados puntais da nosa literatura, os ideólogos que elaboraran
o primeiro Estatuto de Autonomía para Galicia no ano 1936 que sería aprobado en
referendum polo pobo galego e que recoñecía o galego como lingua cooficial e lingua obrigada no ensino e a administración.
X-O
Franquismo e a instalación do bilingüísmo: Co inicio da
Guerra do 1936 o proceso galeguizador paralízase ao resultar vencedor o ditador
Franco. A represión xeneralizada tivo unha especial incidencia sobre a nosa lingua.
O galego convértese en lingua clandestina ou de uso familiar e coloquial, o seu
cultivo literario desprázase fóra de Galicia ao exilio americano. Nun momento
de declive do mundo rural, a presión na escola e a proliferación dos medios de
comunicación de masas (radio,TV) aséntase o castelán como idioma oficial do
réxime e vaise impoñendo o uso docastelán ás xeracións máis novas.
XI-Un
difícil proceso de recuperación da identidade: Arredor do 1950 en condicións moi
desfavorables comeza un lento e tímido movemento de recuperación editorial ao
que se suman iniciativas puntuais como a institucionalización do Día das Letras
Galegas a partir do ano 1963. Pequenos
pasos que son acompañados da vertebración na ilegalidade dos partidos políticos
que van preparando o camiño de volta da democracia e con ela dos dereitos
históricos das distintas identidades nacionais do Estado Español tras corenta
anos de ditadura.
XII-A Galicia
da Normalización: A partir dos anos 80 coa implantación da democracia, da
Autonomía e da Xunta de Galicia comeza un proceso de dignificación do uso da
lingua galega en todos os ámbitos da sociedade coa aprobación en 1983 da
primeira Lei de Normalización Lingüística, e un novo camiño de promoción coa
aparición da RTVG, coa introducción por vez primeira do galego no mundo de
ensino e da administración, e a aparición de numerosas editoriais galegas. Un
proceso que coa incorporación das novas xeracións medrará, asentará a nosa
cultura e contribuirá a enriquecer coa nosa aportación o patrimonio universal
da Humanidade ao longo do século XXI.
Língua de ouro nos facía Pondal o bardo do pobo cantando os fastos antigos e un futuro libre e novo. E entre tódolos poetas a historia nos descubría e fundaba o noso orgullo aquel bo Manuel Murguía. Entusiastas estudiosos a gramática estudiaban, recollían as palabras e pulían e ordenaban. Fundaron unha Academia e as Irmandades da Fala, que naceron na Coruña para honrala e enxalzala.
Cuestións: Era Murguía un poeta? Que escribía?
Cal era o obxectivo das Irmandades da Fala?
En que momento nace este movemento e a Academia?
XIII
E tantas altas empresas
e tantos feitos honrosos
que en Galicia procuraban
un abrente esplendoroso.
Castelao e Vilar Ponte
Bóveda, Otero Pedrayo,
¡Que gran xente aquela xente,
que esplendor extraordinario!
No trinteseis o Estatuto
fixo un pouco de xusticia
recoñecendo o galego
como lingua de Galicia.
Pero a guerra fratricida
desfixo toda esperanza
e a vida de moita xente
de imborrable relembranza.
Cuestións:
Ademais de escritores como Castelao, Vilar Ponte... estes autores fundaron un
partido, como se chamaba?
Quen impulsou o primeiro Estatuto de autonomía para Galicia?
Cales eran os principais logros deste Estatuto?
Que impediu a posta en marcha do Estatuto? Quen provocou esta situación?
XIV
Foron anos de silencio,
de persecución e pranto:
"A longa noite de pedra"
enchía os peitos de espanto.
Por fin foron renacendo
novas luces pequeniñas
e Galicia agurgullaba
nas xuntanzas clandestinas.
Novos poetas cantaron,
contaron os narradores,
e "a longa noite de pedra"
clarexaba cos fulgores.
Galaxia, O Castro, Castrelos
editaban en galego
e a patria nosa xurdía
e empezaba a ve-lo ceo.
Cuestións:
Como se pode chamar doutro xeito a esta ?longa noite de pedra??
Estaban permitidos daquela os partidos políticos? Como realizaban a súa
función?
Estaban permitidos daquela os partidos políticos?
Como realizaban a súa función?
XV
En Santiago canta o Galo,
loce o Facho na Coruña
e en Ourense, Vigo e Lugo
dase nova testemuña.
A enseña da democracia
ten o brasón en galego
e na fábrica e nas aulas
soa a língua dos antergos.
Mozos sabios e patriotas
ordenan a lingua nosa;
fana culta e ordenada,
fana lóxica e fermosa.
Entra a lingua nas escolas
e se inda non é señora
ten dereitos proclamados,
anque ten máis a de fóra.
Cuestións:
Que son ? o galo? e ? O facho??
Que trouxo consigo a recuperación da democracia?
Como podes interpretar estes dous versos?
ten dereitos proclamados,
anque ten máis a de fóra.
XVI
Xa se fala nos lugares
onde lle era antes vedado,
inda que hai quen a discute
porque hai moito desleigado.
Inda hai pais que son contrarios
a que a aprendan os seus fillos
sexa porque non o pensan
ou que os movan catro pillos.
Este noso antigo idioma
é unha lingua de cultura
e é vergoña pra un galego
non falala con soltura.
"O galego que non fala
na lingua da súa terra,
nin sabe o que ten de seu,
nin é merecente dela".
Cuestións:
Que problemas ten a lingua nesta etapa na que vivimos?
Que cres que diferenza a un galego habitante dun galego falante?
XVII
Así falaba un poeta
noutro tempo deste asunto,
e agora vai sendo hora
de poñerlle á historia punto.
Esta historia é diferente
doutros romances de cegos;
non se sabe inda o remate,
pois depende dos galegos.
Nenos, homes e mulleres
desta terra adormentada,
rematouse xa o romance,
e escomenza a pandeirada:
¡ARRIBA POBO GALEGO,
ARRIBA LINGUA GALEGA,
QUE SE MORRE A NOSA FALA
NON HAI POBO NIN HAI TERRA!
Cuestións:
O final do romance está escrito?. Quen vai escribir o final desta historia?
Cal é a advertencia final deste romance?
QUE TEÑO QUE SABER SOBRE ESTA ETAPA:
O GALEGO NO SÉCULO XX IX- Unha nova idea de Galicia: Do Galeguismo ao Nacionalismo: Afondando na identidade de Galicia e nas súas necesidades vaise dar paso á constitución do Partido Galeguista, xorde o movemento nacionalista da man das Irmandades da Fala que se preocupan por recuperar e modernizar a tradición cultural galega e superar o complexo de inferioridade dos galegofalantes. A xeración Nós e Castelao son ademais de destacados puntais da nosa literatura, os ideólogos que elaboraran o primeiro Estatuto de Autonomía para Galicia no ano 1936 que sería aprobado en referendum polo pobo galego e que recoñecía o galego como lingua cooficial e lingua obrigada no ensino e a administración.
X- O Franquismo e a instalación do bilingüísmo: Co inicio da Guerra do 1936 o proceso galeguizador paralízase ao resultar vencedor o ditador Franco. A represión xeneralizada tivo unha especial incidencia sobre a nosa lingua. O galego convértese en lingua clandestina ou de uso familiar e coloquial, o seu cultivo literario desprázase fóra de Galicia ao exilio americano. Nun momento de declive do mundo rural, a presión na escola e a proliferación dos medios de comunicación de masas (radio,TV) aséntase o castelán como idioma oficial do réxime e vaise impoñendo o uso do castelán ás xeracións máis novas.
XI- Un difícil proceso de recuperación da identidade: Arredor do 1950 en condicións moi desfavorables comeza un lento e tímido movemento de recuperación editorial ao que se suman iniciativas puntuais como a institucionalización do Día das Letras Galegas a partir do ano 1963. Pequenos pasos que son acompañados da vertebración na ilegalidade dos partidos políticos que van preparando o camiño de volta da democracia e con ela dos dereitos históricos das distintas identidades nacionais do Estado Español tras corenta anos de ditadura.
XII- A Galicia da Normalización: A partir dos anos 80 coa
implantación da democracia, da Autonomía e da Xunta de Galicia comeza un
proceso de dignificación do uso da lingua galega en todos os ámbitos da
sociedade coa aprobación en 1983 da primeira Lei de Normalización Lingüística,
e un novo camiño de promoción coa aparición da RTVG, coa introducción por vez
primeira do galego no mundo de ensino e da administración, e a aparición de
numerosas editoriais galegas. Un proceso que coa incorporación das novas
xeracións medrará, asentará a nosa cultura e contribuirá a enriquecer coa nosa
aportación o patrimonio universal da Humanidade ao longo do século XXI.
APUNTAMENTO COMPLEMENTARIO NO DÍA EUROPEA DAS LINGUAS 2024
Un froito do proceso da normalización: TANXUGUEIRAS
VIII
Viñeron xentes de fóra,
xentes de dentro marcharon,
e a lingua da nosa xente
nos escritos olvidaron.
Galicia foi sometida
polo xugo de Castela,
e os que mandan en Galicia
non falan na língua dela.
Pero as xentes desta terra,
columna do noso pobo,
non deixan de ser galegos
nin falan idioma novo.
Artesáns e mariñeiros
e burgueses e labregos
levan no peito Galicia
e nos labios o galego.
Cuestións:
Como se chama esta época na que os escritos en galego se esquecen?
Cales son os motivos que se deixe de escribir en galego? Tamén se deixa de falar?
IX
Inda que os bispos de fóra
mandan rezar noutra língua,
a xente fala na súa
Galicia non sofre míngua.
Así van pasando os anos,
anos a ducias e centos,
e moitos anos máis tarde
fala o bo Martín Sarmiento.
Padre Sarmiento Bieito
non quere de fóra un crego,
nin oficial de xusticia
que non fale en bo galego.
Douscentos anos pasaron
desque escribiu este frade,
e inda todo o que el quería
dista ben de ser verdade.
Cuestións:
Quen era Sarmiento, que reclamaba? Eran todos os curas así nesta época? Razóa a
resposta.
X
Ó principio do oitocentos
toda Galicia falaba
na lingua dos devanceiros
e ninguén se avergonzaba.
Pero en seguida empezaron
as xentes acomodadas
a pensar que eran máis finas
as palabras importadas.
Galicia xa tiña fendas,
xa o seu corpo se crebaba
pola mor dos desleigados
que a súa lei non lle gardaban.
Pero había peitos nobres
que pensaban doutro modo,
e anque en Carral os mataron
nunca os mataron de todo.
Cuestións:
Que significan "crebar" e "desleigados"?
A quen mataron en Carral? En que época? Que pedían? Por que se di que non
morreron de todo?
XI
O seu espírito altivo
preludiaba o nacemento
das mil flores que serían
o noso Rexurdimento.
Añón, Pintos e Camino
e outra xente que escribía
na vella lingua galega,
preludiaba a Rosalía.
Rosalía a gran poeta
recobrou a dignidade
da língua que todo o pobo
gardara na adversidade.
Don Manuel Curros Enríquez
palabra de aceiro fino,
cantou a luz e o progreso
neste idioma campesino.
Cuestións:
Por que cres que se chama a esta época o Rexurdimento?
Cita cinco poetas desta época:
XII
Língua de ouro nos facía
Pondal o bardo do pobo
cantando os fastos antigos
e un futuro libre e novo.
E entre tódolos poetas
a historia nos descubría
e fundaba o noso orgullo
aquel bo Manuel Murguía.
Entusiastas estudiosos
a gramática estudiaban,
recollían as palabras
e pulían e ordenaban.
Fundaron unha Academia
e as Irmandades da Fala,
que naceron na Coruña
para honrala e enxalzala.
Cuestións:
Era Murguía un poeta? Que escribía?
Cal era o obxectivo das Irmandades da Fala?
En que momento nace este movemento e a Academia?
QUE DEBES SABER DESTA ÉPOCA:
DECADENCIA MEDIEVAL E SÉCULOS ESCUROS
VI- Decadencia do XIV-XV e os Séculos Escuros XVI-XVIII : A
desaparición dunha nobreza galega que promocione a literatura en galego, ao ser
substituída por outra de orixe castelá, provocou un proceso de decadencia que
non só fai desaparecer o reino de Galicia, senón tamén a súa literatura culta.
Son os séculos nos que a lingua galega tras da caída da nobreza perde todo
cultivo escrito, pero permanecerá viva entre as xentes humildes, unha poboación
iletrada que manterá a fala e unha rica literatura de tradición oral,
verdadeira sustentadora da nosa cultura ata ben entrado o século XIX.
VII- Os ilustrados e precursores dunha nova etapa: Á luz dos ilustrados
comezarán a disiparse as mestas néboas sobre o noso feito cultural. Martín
Sarmiento, foi dos primeiros en preocuparse pola situación do noso idioma e
propoñer camiños de normalización cultural como a introdución do galego no
ensino, na administración da xustiza ou na igrexa. Xa no século XIX aparecen
obras en galego dos chamados precursores que prepararán o camiño para as
grandes figuras que virán axiña.
REXURDIMENTO
VIII- O primeiro galeguismo e o Rexurdimento literario: A mediados do XIX
en 1846 nace un movemento de reivindicación política, o Provincialismo, que ao
ser reprimido pola forza, fixo refuxiarse nun movemento cultural a toda
reclamación de dereitos para Galicia. Coa publicación das obras de Rosalía
de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez comeza o Rexurdimento da nosa
literatura culta. Tamén a finais do século dará comezo a andaina dos movementos
galeguistas.
APUNTAMENTO COMPLEMENTARIO
O PADRE SARMIENTO
Actividades:
1- Por que Sarmiento é considerado o Pai das Letras Galegas? Resume coas túas palabras as súas reflexións sobre o galego.
O NACEMENTO, ESPLENDOR E DECADENCIA MEDIEVAL DO GALEGO
IV
Neste extremo de occidente
xa o falar se diferencia
do que falan en Italia
en Romenia e en Provenza.
Xa non podemos chamarlle
lingua latina a esta fala,
e chamámoslle galego
pra poder diferenciala.
Toda a xente desta terra
sen ningunha distinción
fala nesta nova lingua
que é o idioma da nación.
Os clérigos inda escriben
na antiga lingua romana,
pero o pobo non a entende,
pois xa queda ben lonxana.
Cuestións:
Cal era a situación lingüística de Galicia na época medieval? Realiza unha
breve redacción.
V
Alá polo mil douscentos
a lingua que hoxe falamos
escomenza a ser escrita
por poetas e notarios.
Falan en lingua galega
reis,labregos e señores,
e os abades dos mosteiros
e os soldados e os doutores.
Unha grande poesía
cántase ó son das violas
polas prazas de Santiago,
por Toledo e por Lisboa.
Agres cántigas de escarño,
doces cántigas de amores
resplendían coma xemas
no cantar dos trobadores.
Cuestións:
Unha lingua antes de escribirse, primeiro só se fala. De cando datan os
primeiros documentos escritos en galego?
Cando se considera normalizada unha lingua? Estábao o galego na Idade Media?
Que tipo de composicións literarias había daquela? Só se facían en galego en
Galicia?
VI
Rei Afonso de Castela
cantaba a Santa María
coas palabras máis fermosas
que na nosa terra había.
Rei Denís de Portugal,
o amigo da agricultura,
na nosa língua cantaba
con extremos de dozura.
Martín Codax o de Vigo,
Airas Nunes e Mendiño,
dicían os seus cantares
nas terras que baña o Miño.
Pero Meogo trobaba
do cervo que a auga volvía
con tan belidos dicires
que os sentidos suspendía.
Cuestións:
Cal é a temática das cantigas feitas polo rei Afonso e polo rei Denís?
Quen son Martín Códax, Airas Nuñez, Mendiño e Pero Meogo?
VII
A luz máis bela de Europa
resplendía en Compostela
como en terras de Occitania
de onde viña tanta estrela.
Historias de cabaleiros
e miragres de Santiago
en galego se contaban,
e as fazañas dos troianos.
E ordenanzas se escribían
e crónicas e tratados
e os acordos dos concellos
en galego eran labrados.
Mais despois tempos viñeron
que Galicia esmorecía,
porque nobres e señores
cometeron felonía.
Cuestións:
Cales son os temas que narraba a prosa medieval en galego?
Que significa a palabra felonía?
QUE DEBEMOS SABER SOBRE ESTA ETAPA?
NACEMENTO, ESPLENDOR E DECADENCIA MEDIEVAL
IV-Nace o
galego e as peregrinacións a Compostela: Entre o VIII e
o IX o idioma que fala este reino de Gallaecia diferénciase claramente do que
se fala noutros puntos da península, xa non é latín. Polo sur da península os
musulmáns fanse fortes, pero van ter escasa presencia no norte. Descóbrese o
sepulcro de Santiago en Compostela. Aínda que se fala o galego o primeiro
documento escrito non aparece ata moito máis tarde, o ano 1228.
V-O
esplendor medieval da nosa literatura: Nos séculos XII-XIII o uso do
galego xeneralízase mesmo na escrita e será entón cando aparecen as primeiras
expresións literarias en forma de cantigas. O desenvolvemento da arte románica
tamén será, en certa medida, unha consecuencia dos intercambios culturais do Camiño
de Santiago. A lírica galaico-portuguesa será o referente literario de poetas
de toda a península e unha das máis importantes de Europa. Ao longo destes
séculos, a pesares da independencia de Portugal no 1128, existía unha mesma
lingua ao norte e ao sur do Miño.
VI-Decadencia
do XIV-XV e os Séculos Escuros XVI-XVIII : A desaparición
dunha nobreza galega que promocione a literatura en galego, ao ser substituída
por outra de orixe castelá, provocou un proceso de decadencia que non só fai
desaparecer o reino de Galicia, senón tamén a súa literatura culta.Son os séculos nos que a lingua galega
tras da caída da nobreza perde todo cultivo escrito, pero permanecerá viva
entre as xentes humildes, unha poboación iletrada que manterá a fala e unha
rica literatura de tradición oral, verdadeira sustentadora da nosa cultura ata
ben entrado o século XIX.
Toda lingua precisa unha terra para botar raíces e medrar
Romance da nosa lingua.
I
Miñas donas e señores,
nenos, vellos e medianos,
esta historia verdadeira
xa comeza cos romanos.
Era unha vez unha terra
que Gallaecia era chamada,
onde había moitas tribos
nunha idade antepasada.
Fabricaban xoias de ouro
de fina ourivería,
mais as linguas ignoramos,
pois ningunha se escribía.
Chegaron despois de Roma
xentes ben organizadas,
que gañaron esta terra
polas armas esforzadas.
Cuestións:
Cando comeza a historia da lingua galega?
Como se chamaba antiguamente o territorio onde vai nacer o galego?
Cal era a situación das linguas antes da chegada dos romanos?
II
Asentáronse os romanos
en cidades que fixeron,
os antigos poboadores
dos seus castros descenderon.
Mesturáronse os dous pobos,
vencidos e vencedores,
e ó cabo dun certo tempo
non quedaron máis rancores.
Os romanos posuían
unha avanzada cultura,
e adiantaron moito as artes,
o comercio, a agricultura.
Falaban estes romanos
a ilustre lingua latina,
e ó cabo de pouco tempo,
Galicia por súa a tiña.
Cuestións:
Como se chamaba a cultura anterior á romana? Onde vivían?
Cal é a semente plantada nesta Terra que dá lugar ao nacemento da lingua
galega?
III
Media Europa e máis aínda
falaba latín daquela
coma Horacio e coma Ovidio,
coma Plauto e Columela.
Mais é de todos sabido
que a lingua que se falaba
non era o latín escrito,
anque moito lle imitaba.
Latín vulgar era a fala
na que entonces se entendía
desde o Miño ata o Danubio
canta xente alí vivía.
Desfeito o Imperio Romano
polas armas dos xermanos,
a lingua foise rompendo,
porque todo vai mudando.
Cuestións:
Quen son e en que lingua se expresaban Horacio, Ovidio, Plauto e Columela?
A lingua galega de que tipo de latín deriva?
Antes de nacer o galego e despois dos romanos houbo un pobo e unha lingua que
deixan a súa pegada na lingua que ía falar Galicia?
QUE DEBEMOS SABER SOBRE ESTA ETAPA>
AS ORIXES
I- Na prehistoria están as raíces da nosa
identidade: Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe pre-indoeuropea
e logo cara o século VI antes de Cristo chegarían aquí tribos de celtas, unha
das grandes familias indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o
substrato da nosa lingua.
II-Antes do
galego, GALLAECIA: Os romanos chegan ao noso territorio cara o 131 a.C.. Esta terra tiña unha cultura prerromana
que chamamos castrexa. Os romanos establecen unha división provincial na
península dándolle o nome de Gallaecia a un territorio maior da actual Galicia,
que chega polo sur ata o río Douro e
polo leste ata Cantabria. O latín substituíu as linguas dos anteriores
poboadores e será a base sobre a que nacerá o galego, tamén chamado estrato.
III-GALICIA,
o 1º reino medieval de Europa: Coa chegada dos Suevos, un pobo xermánico, baixo o seu
dominio consolídase un reino independente que levará o mesmo nome dado antes
polos romanos e seguirá falando latín con certas aportacións denominadas de
superestrato de orixe xermánica.
Actividades:
Definición de Linguas de Substrato:
Definición de Lingua de Estrato:
Definición de Linguas de Superestrato:
Apuntamento complementario:
O Romance de Don Gaiferos de Mormaltán, un antigo romance conservado por tradición oral e recollido no século XX por Faustino Santalices, quen recuperou tamén o instrumento medieval da zanfona.
Onde vai aquil romeiro,
meu romeiro a onde irá?
camiño de Compostela,
non sei se alí chegará.
Os pés leva cheos de
sangue,
xa non pode máis andar.
Malpocado, pobre vello,
non sei se alí chegará.
Ten longas e brancas
barbas,
ollos de doce mirar.
Ollos gazos, leonados,
verdes coma a auga do
mar.
E a onde ides, meu
romeiro?
Onde queredes chegar?
Camiño de Compostela,
onde teño o meu fogar.
Compostela é miña terra,
deixeina sete anos hai.
Reluciente en sete soles,
brillante como un altar.
Cóllase a min, meu
velliño,
vamos xuntos camiñar.
Eu son trobeiro das
trobas
da Virxen de Bonaval.
I eu chámome Don
Gaiferos,
Gaiferos de Mormaltán.
Se agora non teño forzas
meu Santiago mas dará.
Chegaron a Compostela
e foron á Catedral.
Ai, desta maneira falou
Gaiferos de Mormaltán.
Gracias, meu señor
Santiago,
aos vosos pés me
tes xa.
Si queres tirarme a vida
pódesma señor tirar,
porque morrerei contento
nesta santa catedral.
E o vello das brancas
barbas
caíu tendido no chan,
pechou os seus ollos
verdes,
verdes coma a auga do
mar.
O obispo que esto viu
alí o mandou enterrar.
E así morreu, meus
señores,
Gaiferos de Mormaltán.
Iste é un dos moitos
milagres
que Santiago Apóstol fai.
Segundo se ten investigado o personaxe de Don Gaiferos puido ser en realidade o Duque de Aquitania, Guillerme X que peregrinou a Santiago e morreu ao chegar a Compostela na catedral.