mércores, 9 de abril de 2025

AS CANTAREIRAS E AS RECOLLEITAS

No ano 2025 a Real Academia Galega dedícalle este Día das Letras ás pandeireteiras e a tradición oral popular, un conxunto de centos e miles de mulleres que habitualmente foron e son aínda anónimas, pero que a Academia decide singularizar en 6 cantadeiras xa falecidas como son Rosa e Adolfina Casás, Eva Castiñeira e as pandeireteiras de Mens (Prudencia e Asunción Garrido, Teresa García e Manuela Lema). Dalgún xeito se homenaxea ás que lograron manter viva a tradición oral de séculos ata os nosos días, que estando a piques de botarse a perder, como consecuencia de que se foi esmorecendo o mundo rural e labrego en gran medida.  Mais nos anos setenta e oitenta do século pasado o traballo de recolleitas e cancioneiros (especialmente o Dorothé Schubarth)  e a actividade recuperadora de grupos musicais e asociacións folclóricas fixo que cun carácter máis urbano a tradición oral siga viva na boca da mocidade e con novas fórmulas de dinamización, concertos e festivais, escolas de música ademais dunha recuperación das foliadas e seráns semellantes ás de outrora. 









Que lle debemos ás nosas cantareiras?

Hai que agradecer, en primeiro lugar, a súa constancia para poder legar e transmitir un rico e enorme patrimonio oral, de mantelo vivo  ata os nosos días e permitir que da súa boca xenerosa se recollese. O Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina (un traballo dunha musicóloga suíza  co apoio dun filólogo e folclorista galego) é un dos máis destacados de toda Europa. Debemos agradecer este legado porque é unha  marca de identidade que une lingua e canto (música) e que comporta unha forma de coñecemento das nosas raíces culturais como pobo. Debemos agradecer por último a oportunidade de manter viva esa tradición oral e poder ser as novas xeracións transmisoras para as xeracións futuras deste patrimonio impresionantemente rico e vigoroso de noso.

Por que ás mulleres?  

Xa o deixou dito Sarmiento (o primeiro en interesarse e recoller cantos populares galegos):

En Galicia as mulleres non son soamente poetas senón músicas naturais. En Castela e Portugal e outras provincias os homes son os que compoñen as coplas e inventan os tons e aires e así se ve que neste xénero das coplas populares falan os homes coas mulleres. No meu país é ao contrario, na maior parte falan as mulleres cos homes e é por que elas son as que compoñen as coplas e elas mesmas inventan os tons  e os aires que han de cantar.

 

                        Martín Sarmiento en Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles

 

As foliadas ou seráns, mesmo moitas outras actividades de traballo nas aldeas, como as fiadas, nas que tras o duro traballo de fiar se remataban con diversión e baile  e que eran organizadas tradicionalmente e desde antigo polas mulleres. Logo os mozos asistían invitados a ese espazo liderado claramente polas mozas no que cantaban e bailaban, como fenómeno de socialización.

martes, 1 de abril de 2025

LINGUAS DA PENÍNSULA E LUSOFONÍA

 Das 6000 linguas do mundo o galego está nun privilexiado grupo de liguas con máis dun millón de falantes: Este grupo do chamado 5% da lingua: 

Son todo linguas indoeuropeas, agás o eúscaro, o idiona máis antigo da nosa península que non se orxina en ningunha das 5 grandes familias lingüísticas do mundo, o tamarig de Ceuta e Melilla e o guanche de Canarias, ambos idiomas de orixe bérber. 

 No mapa non sinalamos dous idiomas de orixe bérber:
 O guache das Canarias e o tamarig de Ceuta e Melilla.









mércores, 19 de marzo de 2025

LECTURA PARA O 2º TRIMESTRE: A ERA DE LÁZARO de PAULA CARBALLEIRA

Coidado con mesturar a vida e a morte. Os mortos non deben volver. Se regresasen, provocarían o caos, a aparición dunha nova era. Velaquí a era de Lázaro, que é a era dos resucitados, onde os mortos camiñan entre os vivos, confunden o tempo, o espazo, trastocan a rutina do coián. Para que todo volva á orde inicial xorde unha entidade, A Empresa, encargada de que ninguén regrese da morte...

 A ERA DE LÁZARO de Paula Carballeira, a segunda novela que lemos desta autora que forma parte da triloxía que realizou sobre personaxes estraños xa lemos a dos lobishomes, fáltanos a dos vampiros e de ... Lémbraste? Seguro que ao ler esta novela caerás na conta de quen estaos a falar.

Lectura para unha proba de lectura para despois das vacacións de Semana Santa. Tentaremos ter un encontro coa autora e por suposto haberá que resumir cada capítulo e presentar os resumos comletos no dá desa proba.







 

xoves, 27 de febreiro de 2025

A nosa viaxe polo patrimonio inmaterial e a tradición oral

 


Aproveitando que este ano estamos a falar do mar da nosa terra, que estamos no Entroido e que as Letras Galegas 2025 homenaxean ás cantadeiras tradicionais, imos realizar un traballo de investigación sobre a nosa tradición oral. 




martes, 18 de febreiro de 2025

CONTIDOS DA 2ª Avaliación

 PLAN LECTOR. EN GALEGO, POR QUE NON? (proba de lectura)

UNIDADE 4 

 Léxico: A palabra e os seus constituíntes páx. 74 do libro de aula.

Ortografía: O acento diacrítico páx. 75 do libro de aula e a listaxe do blog.

Gramática: O predicado. Clases de predicados. Perífrases verbais. páx. 76-77 do libro de aula.

Repaso de VERBOS REGULARES EN GALEGO

Tradición oral: As tradicións do Nadal galego. 


UNIDADE 5

Vocabulario : As palabras derivadas. Prefixos e sufixos. páx. 98 do libro de aula.

Ortografía: Palabras con B e con V, páx. 99 do libro de aula

Gramática: Repaso de Pronomes Persoais tónicos e átonos. 

Comunicación: O Día escolar da Non Violencia


UNIDADE 6

Ortografia: Palabras con h ou sen h. páx. 119 do libro de aula 

Gramática: Os Complementos Directo e Indirecto páx. 120-121 do libro de aula.


luns, 10 de febreiro de 2025

REPASO GRAMATICAL (II): Pronomes persoais: Tónicos e átonos.

 



2º Podes ver a seguir un cadro coas formas contractas, que tamén podes atopar na páx, 262 do libro.




3º Colocación dos pronomes átonos:

- Nunca poden comezar un enunciado: Quéreme  moito!

- Posición natural despois do verbo: Pediume un libro. 

Excepcións:

       1ª- Oracións desiderativas ou negativas:  Oxalá te quixese! Non cho daría.

       2ª- Nas oracións subordinadas, as que levan conxuncións como: que, se, porque...  Dixo que te chamaría. Se te mercase a bici....

       3ª- Nas interrogativas ou exclamativas tras do pronome interrogativo/exclamativo: 

           Quen che dixo iso?

       4ª - Tras dalgúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e adverbios (acaso, aínda, ata, ben, case, disque, igual, seica, sempre, só, tamén, xa):

Alguén cho dixo.    Sempre te quererei.

Exercicios con pronomes persoais


luns, 3 de febreiro de 2025

Dous textos de Celso Emilio Ferreiro para unha xornada escolar da non violencia

 



IRMAUS 

Camiñan ao meu rente moitos homes.

Non os coñezo. Sonme estranos.

Pero ti, que te alcontras alá lonxe,

máis alá dos desertos e dos lagos,

máis alá das sabanas e das illas,

coma un irmáu che falo.

 

Si é túa a miña noite,

si choran os meus ollos o teu pranto,

si os nosos berros son igoales,

coma un irmau che falo.

Anque as nosas palabras sean distintas,

e ti negro i eu branco,

si temos semellantes as feridas,

coma un irmau che falo.

 

Por enriba de tódalas fronteiras,

por enriba de muros e valados,

si os nosos soños son igoales,

coma un irmau che falo.

 

Común temos a patria,

común a loita, ambos.

A miña mau che dou,

coma un irmau che falo.


 Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)



       Bombardeo con napalm en Vietnam 1972

Digo bomba de fósforo.

Apenas digo nada.

 

Digo lombriga e larva

de carne podrecida.

 

Digo nenos de napalm,

terror de noite e selva,

fedor de cidade e cloaca.

 

Fame, suor, aldraxe,

pugas de aceiro, antropofaxia.

 

Digo guerra bestial,

tremor de terra, crime, lume, lava,

estoupido, verdugo

e mortandade en masa.

Digo gas abafante.

 

Apenas digo nada.

Digo yanqui invasor,

depredador de patrias.

 

Digo plutonio, pentágono,

esterco bursátil, palanca,

Presidente, gadoupa,

chuvia, amargura, baba.

 

Digo petróleo, ferro,

mineral, trampa,

lobo, caimán, polaris, cóbrega,

miseria, diplomacia.

Digo devastación que USA, usa.

 

Apenas digo nada.

Digo Viet Nam i está xa dito todo

cunha soia palabra.

 

Pra abranguer a vergonza do mundo,

digo Viet Nam e basta.

 

Celso Emilio Ferreiro en Viaxe ao país dos ananos


ACTIVIDADE: 
1- Deducir o tema central el logo localizar e comentar os tópicos e recursos literarios máis significativos destes poemas. 
2-Que é o día escolar da non violencia? Para respondr podes consultar no blog da biblioteca 

CONTIDOS DAS PROBAS DE RECUPERACIóN DE XUÑO

PARA O ALUMNADO CON SÓ a 3ª avaliación (ou unha avaliación) terá os mesmos contidos que na proba da avaliación pertinente:  1ª avaliación 2ª...