A primeira festa do ano: OS REIS DO CEBREIRO
xoves, 19 de decembro de 2024
Unha cantiga de Nadal para aprender
A primeira festa do ano: OS REIS DO CEBREIRO
mércores, 11 de decembro de 2024
EN GALEGO, POR QUE NON? Capítulos 4 e 5
Cuestionario sobre o Capítulo 4
Supoñamos que hai catro persoas galegas e das
catro persoas hai unha que non fala galego...
1- Por que falar en galego cando hai alguén
que non o fala NON é de mala educación?
Argumenta con alomenos tres razoamentos ben
expostos unha resposta afirmativa, é dicir, non é de mala educación falar
galego cando hai alguén que non o fala.
Capítulo 5 de
EN GALEGO, POR QUE NON?
Despois de ler o capítulo titulado: Porque non o damos falado ben, responde ao cuestionario seguinte cos criterios que se verteron na lectura:
1- É normal que a unha persoa que aprende o
galego de segunda lingua lle resulte difícil. Pero se a dificultade é natural, cal é
o problema de fondo para que realmente a aprendamos ben?
2- Para falar ben unha lingua que é
ineludible facer antes?
3- Por que a un polaco lle pode resultar máis
doado aprender galego en catro meses que a un asturiano?
4- Responde cres que aos franceses, británicos, españois e estadounidenses lles resulta máis fácil aprender outros idiomas? Como se
explica?
5- Unha cousa curiosa, por que cres que os
galegos cando se lles pregunta se falan ben o galego din que na súa comarca
non, que é noutro punto de Galicia onde se fala ben o noso idioma? Cales son as
razones obxectivas que contribúen a este tipo de crenzas?
6- O autor do libro fai referencia a unha
gaivota chorona, que quere dicir con isto? Explícao razoadamente.
7- Que quere dicir Núñez Singala cando di que "usa un castelan tinguido de galego"?
8- Seguindo o reto que nos plantea o autor
imos poñer en castelán correcto o seguinte texto:
Érache boa! Madia leva, namentras non haxa
unha vacina eu espétome na casiña, canda a lareira, con sentidiño, e se hai que
deixar a poula as terras, e pasar todo o día esperrechado no sofá en cirolas,
faise, e se petan na porta, que peten por máis riquiño ou o máis langrán ou
galopin que sexa, eu a velas vir!. Vaites, vaites, presta ver como poalla e ti sen te mollar.
Non che sei, que vou dicir, coma o colo dunha nai non che hai, só vou saír
botar o cosco.
9- E como se fai no capítulo imos tamén conxugar catro verbos en presente de indicativo con alternancia vocálica, a ver que tal o fas (lembra que para falar unha lingua ben, hai que realizar un esforzo, sobre todo se non é a túa lingua habitual, e en principio vas cometer loxicamente erros):
- Durmir, subir, seguir e divertir.
martes, 10 de decembro de 2024
EN GALEGO POR QUE NON? Capítulo 3
CUESTIONARIO DO CAPÍTULO 3:
1- Lémbraste deste texto que lemos en 1º da ESO?
Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produce a sabedoría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais. Velaí vai a demostración: Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal.
CASTELAO, Sempre en Galiza.
Que terá que ver con este capítulo?
2- Facendo contas caemos na conta de como funcionan algunhas trampelas coas que nos poden tomar o pelo e de que resulta relativamente sinxelo, pero á vez moi nocivo e velenoso mesturar verdades e mentiras para crear un tremendo prexuízo. Enuncia as mentiras e as verdades que atopas tanto na historia dos tres amigos de cea con 300 euros como no asunto (título) do que tratamos neste capítulo?
3- Desmontamos a seguir o prexuízo do disco duro do ordenador. Explica brevemente en que consiste este prexuízo e como podemos desmontalo? Recorda logo por que o saber non ocupa lugar?
4- A anécdota de Benxamín Franklin reforza o antedito. Como a relacionarías co que respondemos na anterior pregunta?
5- Cantas grandes familias de linguas dixemos que hai no mundo?
Identifica a súa orixe polo seu nome:
- Indoeuropeo:
-Camito-semita: (linguas árabes e xudías)
-Bantú:
-Amerindia:
-Sinoaustrina:
Pertence o éuscaro a algunha delas? Por que?
6- Resumindo e sumando argumentos: Por que é un insulto á intelixencia, e algo moi patético, afirmar que aprender unha lingua é unha perda de tempo?
Proba: En galego, por que non?
En galego por que non? de Manuel Núñez Singala Capítulo 0 Capiítulo 1 Capítulo 2 Capítulo 3 Capítulo 4 Capítulo 5 Capítulo 6 Capítulo 7, ...
-
AS RAÍCES DA NOSA LINGUA I- Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia, a civilizac...
-
2º Podes ver a seguir un cadro coas formas contractas, que tamén podes atopar na páx, 262 do libro. 3º Colocación dos pronomes átonos: -...
-
Lembras como se conxugaban os verbos regulares en galego? Os seus 3 modos, os 10 tempos, que tiñan tres conxugacións e tres persoas en si...


