* SOBRE O PLAN LECTOR: Para aprobar a materia deben terse realizado as probas de comprensión lectora das tres lecturas obrigados do curso: En galego, por que non?, O lobishome de Candeán e O Achado do Castro.
Os contidos que se deben recuperar por avaliacións son os seguintes:
CONTIDOS DA 1ª AVALIACIÓN:
- Panorámica histórica da nosa lingua.
PANORÁMICA HISTÓRICA DA LINGUA GALEGA
I-
Na prehistoria están as raíces da nosa
identidade: Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe pre-indoeuropea
e logo cara o século VI antes de Cristo chegarían aquí tribos de celtas, unha
das grandes familias indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o
substrato da nosa lingua.
II-
Antes do
galego, GALLAECIA: Os romanos chegan ao noso territorio cara o
III-
GALICIA,
o 1º reino medieval de Europa: Coa chegada dos Suevos, un pobo xermánico, baixo o seu
dominio consolídase un reino independente que levará o mesmo nome dado antes
polos romanos e seguirá falando latín con certas aportacións denominadas de
superestrato de orixe xermánica. (Sobre as orixes da lingua páx- do libro 34)
IV-
Nace o
galego e as peregrinacións a Compostela: Entre o VIII e
o IX o idioma que fala este reino de Gallaecia diferénciase claramente do que
se fala noutros puntos da península, xa non é latín. Polo sur da península os
musulmáns fanse fortes, pero van ter escasa presencia no norte. Descóbrese o
sepulcro de Santiago en Compostela. Aínda que se fala o galego o primeiro
documento escrito non aparece ata moito máis tarde, o ano 1228.
V-
O
esplendor medieval da nosa literatura: Nos séculos XII-XIII o uso do
galego xeneralízase mesmo na escrita e será entón cando aparecen as primeiras
expresións literarias en forma de cantigas. O desenvolvemento da arte románica
tamén será, en certa medida, unha consecuencia dos intercambios culturais do Camiño
de Santiago. A lírica galaico-portuguesa será o referente literario de poetas
de toda a península e unha das máis importantes de Europa. Ao longo destes
séculos, a pesares da independencia de Portugal no 1128, existía unha mesma
lingua ao norte e ao sur do Miño.
VI-
Decadencia
do XIV-XV e os Séculos Escuros XVI-XVIII : A desaparición
dunha nobreza galega que promocione a literatura en galego, ao ser substituída
por outra de orixe castelá, provocou un proceso de decadencia que non só fai
desaparecer o reino de Galicia, senón tamén a súa literatura culta. Son os séculos nos que a lingua galega
tras da caída da nobreza perde todo cultivo escrito, pero permanecerá viva
entre as xentes humildes, unha poboación iletrada que manterá a fala e unha
rica literatura de tradición oral, verdadeira sustentadora da nosa cultura ata
ben entrado o século XIX.
VII-
Os
ilustrados e precursores dunha nova etapa: Á luz dos
ilustrados comezarán a disiparse as mestas néboas sobre o noso feito cultural. Martín Sarmiento, foi dos primeiros en
preocuparse pola situación do noso idioma e propoñer camiños de normalización
cultural como a introdución do galego no ensino, na administración da xustiza
ou na igrexa. Xa no século XIX aparecen
obras en galego dos chamados precursores que prepararán o camiño para as
grandes figuras que virán axiña.
VIII-
O
primeiro galeguismo e o Rexurdimento literario: A mediados do
XIX en 1846 nace un movemento de reivindicación política, o Provincialismo, que
ao ser reprimido pola forza, fixo refuxiarse nun movemento cultural a toda
reclamación de dereitos para Galicia. Coa publicación das obras de Rosalía de
Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez comeza o Rexurdimento da nosa
literatura culta. Tamén a finais do século dará comezo a andaina dos movementos
galeguistas.
IX-
Unha nova
idea de Galicia: Do Galeguismo ao Nacionalismo: Afondando na
identidade de Galicia e nas súas necesidades vaise dar paso á constitución do
Partido Galeguista, xorde o movemento nacionalista da man das Irmandades da
Fala que se preocupan por recuperar e modernizar a tradición cultural galega e
superar o complexo de inferioridade dos galegofalantes. A xeración Nós e Castelao
son ademais de destacados puntais da nosa literatura, os ideólogos que elaboraran
o primeiro Estatuto de Autonomía para Galicia no ano 1936 que sería aprobado en
referendum polo pobo galego e que recoñecía o galego como lingua cooficial e lingua obrigada no ensino e a administración.
X-
O
Franquismo e a instalación do bilingüísmo: Co inicio da
Guerra do 1936 o proceso galeguizador paralízase ao resultar vencedor o ditador
Franco. A represión xeneralizada tivo unha especial incidencia sobre a nosa lingua.
O galego convértese en lingua clandestina ou de uso familiar e coloquial, o seu
cultivo literario desprázase fóra de Galicia ao exilio americano. Nun momento
de declive do mundo rural, a presión na escola e a proliferación dos medios de
comunicación de masas (radio,TV) aséntase o castelán como idioma oficial do
réxime e vaise impoñendo o uso do castelán ás xeracións máis novas.
XI-
Un
difícil proceso de recuperación da identidade: Arredor do 1950 en condicións moi
desfavorables comeza un lento e tímido movemento de recuperación editorial ao
que se suman iniciativas puntuais como a institucionalización do Día das Letras
Galegas a partir do ano 1963. Pequenos
pasos que son acompañados da vertebración na ilegalidade dos partidos políticos
que van preparando o camiño de volta da democracia e con ela dos dereitos
históricos das distintas identidades nacionais do Estado Español tras corenta
anos de ditadura.
XII-
A Galicia
da Normalización: A partir dos anos 80 coa implantación da democracia, da
Autonomía e da Xunta de Galicia comeza un proceso de dignificación do uso da
lingua galega en todos os ámbitos da sociedade coa aprobación en 1983 da
primeira Lei de Normalización Lingüística, e un novo camiño de promoción coa
aparición da RTVG, coa introducción por vez primeira do galego no mundo de
ensino e da administración, e a aparición de numerosas editoriais galegas. Un
proceso que coa incorporación das novas xeracións medrará, asentará a nosa
cultura e contribuirá a enriquecer coa nosa aportación o patrimonio universal
da Humanidade ao longo do século XXI.
- Tipos de palabras páx do libro: 16-17 Palabra Cultas e patrimoniais páx. 14-15.
- O xénero e o número de substantivos e adxectivos. No libro páx 260
- Regras de acentuación. páx. 35, 55 e 75
- Os xéneros literarios: Lírica, Narrativa e Dramática. páx. 20-21 do libro.


