TRAXEDIA:
Actualmente a palabra traxedia fai que pensemos en sucesos desafortunados que pasan no mundo, como un accidente aéreo, un ataque terrorista ou un tsunami. Esta consideración que temos cando dicimos que algo é unha traxedia ten que ver coa temática que se desenvolve no subxénero teatral: en ambos hai un feito grave e doloroso relacionado cunha desgraza que moitas veces implica a morte dalguén.
De forma moi distinta, tamén se utiliza a expresión facer unha traxedia para sinalar que alguén lle está poñendo moito dramatismo a algo que non o ten. Por exemplo, se alguén di: "con tantos exames eu morro", está facendo unha traxedia (Spoiler: todos sobrevivimos aos exámes).
A traxedia é o xénero tradicional do teatro dende a Antiga Grecia. Oponse á comedia porque ten final tráxico no que todo acaba mal. De feito, dise que nas traxedias hai un acontecemento que provoca a desorde e desencadea unha serie de sucesos cara o destino fatal. O obxectivo era conmover ao espectador, inquietalo e provocarlle compaixón cara o que lle estaba pasando ao/á protagonista. O simple feito de contemplar estas peripecias dolorosas exercía unha catarse no espectador, é dicir, as emocións que suscita a traxedia fan que o público empatice co personaxe e o seu sufrimento de tal forma que lle provoca unha liberación ou transformación interior. É doado de entender: pasa o mesmo cando aos nosos mellores amigos ou amigas, familiares lles sucede algo desgrazado: non só sentimos a súa dor como algo propio senón que tamén somos capaces de aprender desa dor. Para conseguir o obxectivo de conmover ao público, usábase unha linguaxe culta e un ton serio e poético con tal de resaltar o sufrimento.
Na Antiga Grecia, as obras de Sófocles, Esquilo ou Eurípides se representábanse nos teatros en espazos circulares ao aire libre. Nestas obras, os/as personaxes, acompañados polo coro que anticipa o que vai pasar, comenta o que está pasando ou dialoga co/coa protagonista, eran personaxes distinguidos como deuses, reis ou nobres. Co paso do tempo, serán personaxes que representan persoas nobres de espírito: personaxes que son capaces de sacrificarse por aquilo no que cren. O héroe ou heroina da traxedia teñen un conflicto grave e móvense por unha paixón que, unida a un destino inevitable, fai que se dirixan a un final funesto no que perden todo o que tiñan. É o que sucede en obras como Edipo rei, de Sófocles, As troianas de Eurípides, ou Macbeth ou Hamlet, de Shakespeare.
Os temas tratados
na traxedia tamén varían co tempo. Nun primeiro momento, tratan temas
históricos ou mitolóxicos pero, despois, parten da psicoloxía
dos personaxes e afonda na paixón que remata destruíndoos. A traxedia invita
a reflexionar sobre temas universais como a liberdade, a xustiza, a propia
identidade, o amor imposible, a traición, a culpa ou a morte.
Un
dos autores españois que máis destaca en século XX é Federico García
Lorca que recupera o ton poético das traxedias clásicas así como a
paixón arrebatadora dos/das protagonistas. Tamén recupera a figura do coro con
personaxes grupais como os leñadores de Bodas de sangre ou as
veciñas de Yerma. La casa de Bernarda Alba, pola contra, a
personaxe que anticipa a traxedia é a M.ª Josefa, a nai de Bernarda.
COMEDIA:
A
comedia é o subxénero teatral do humor. É unha maneira de representar os conflitos
sinxelos e cotiáns subliñando o lado divertido ou ridículo da vida.
Oponse á traxedia tanto na súa finalidade
como nos personaxes e os temas que trata. O obxectivo é entreter ao
público; por iso é normal que as comedias xeralmente rematen cun final
feliz.
Os/as personaxes da
comedia representan persoas normais de calquera clase social. Mostran
o seu lado máis humano polo que son personaxes con defectos tanto
físicos como morais que se moven por grandes paixóns como
o amor, o ciumes, o honor ou a reputación. O/a protagonista adoita
caracterizarse polo seu sentido común aínda que ás veces consegue os seus obxectivos
por casualidade e non polo seu esforzo. Por veces, os personaxes son estereotipos que
saen en todas as obras de teatro: o galán, a dama, o cabaleiro, os criados...
Tamén poden caracterizarse por valores morais como o gracioso/a,
o mentireiro/a, o celoso, o pícaro, o namorado/a... A linguaxe que empregan os
personaxes é coloquial xa que é outro mecanismo para mostrar a
realidade e que o público se vexa reflectido.
A vida
de cote e os seus costumes son a materia temática da comedia. Moitas
se basean nun enredo ou unha confusión da que o público é cómplice como, por
exemplo, líos de amantes nos que o público sabe cal é o motivo polo que se xera
o enredo. Na comedia vense os defectos do ser humano ou os
vicios da sociedade para que o público poida evitalos e non ser como os
protagonistas das historias. Da esaxeración deses costumes humanos, xorde o humorístico porque
se resalta o lado cómico e absurdo das situacións e provoca a diversión do
público.
O cómico,
aínda que ás veces pasa de ser livián a ser satírico e crítico, pode
conseguirse grazas a distintos elementos:
- situacións ilóxicas e
grotescas que rozan o absurdo. Moitas películas cómicas presentan este
tipo de enredos.
- a caricatura dos
defectos e a torpeza dos personaxes que fan irremediablemente o
ridículo. Isto é o que lle pasa aos pallasos ou aos mimos: esfórzanse por
facer algo ben pero fracasan no intento facendo o ridículo e provocando o
riso do espectador.
- os xogos de palabras.
En moitos dos chistes que se contan, o riso provócase grazas a un xogo de
palabras.
DRAMA:
No
teatro, como na vida, o cómico e o tráxico, isto é, as alegrías e as
tristezas conviven. Por iso, o drama pode ser calquera representación que
teña como obxectivo o reflexo da vida.
De
feito, a palabra drama funciona como sinónimo de teatro porque
coas dúas nos referimos a obras para a representación. Perante moito tiempo, a
estas historias tráxicas que se alivian con elementos cómicos se
lles chamó traxicomedias como, por exemplo, La
Celestina, de Fernando de Rojas, que se titulaba Tragicomedia
de Calisto y Melibea.
No
denominados Siglos de Oro, era o xénero que máis triunfaba con autores
como Lope de Vega (Fuenteovejuna), Tirso
de Molina (El burlador de Sevilla) ou Calderón de la
Barca (La vida es sueño).
O obxectivo do
drama é que o espectador/a se sinta reflectido e, polo tanto,
identificado cos personaxes que son tan parecidos a el ou a ela e reflexionen
sobre as súas peripecias. Semella á traxedia porque o ton xeral é
serio e o protagonista persegue un ideal. A pesar de que
ás veces pode rematar coa morte do/da protagonista, o drama non
alcanza a intensidade da traxedia. Pola súa parte, semella á comedia en que os
personaxes poden ser de distintas clases sociais e os temas
son cotiáns se ben o conflicto do personaxe adoita ser máis serio que
na comedia e represéntanse valores morais importantes. Aínda que o
final pode ser feliz, trátase máis dun desenlace que implica o triunfo
moral do protagonista, é decir, o/a protagonista sae transformado cos acontecementos
que se representan.

.jpeg)

Hector vou suspender
ResponderEliminar