Lectura para unha proba de lectura para despois das vacacións de Semana Santa. Tentaremos ter un encontro coa autora e por suposto haberá que resumir cada capítulo e presentar os resumos comletos no dá desa proba.mércores, 19 de marzo de 2025
LECTURA PARA O 2º TRIMESTRE: A ERA DE LÁZARO de PAULA CARBALLEIRA
Lectura para unha proba de lectura para despois das vacacións de Semana Santa. Tentaremos ter un encontro coa autora e por suposto haberá que resumir cada capítulo e presentar os resumos comletos no dá desa proba.xoves, 27 de febreiro de 2025
A nosa viaxe polo patrimonio inmaterial e a tradición oral
Aproveitando que este ano estamos a falar do mar da nosa terra, que estamos no Entroido e que as Letras Galegas 2025 homenaxean ás cantadeiras tradicionais, imos realizar un traballo de investigación sobre a nosa tradición oral.
martes, 18 de febreiro de 2025
CONTIDOS DA 2ª Avaliación
PLAN LECTOR. EN GALEGO, POR QUE NON? (proba de lectura)
UNIDADE 4
Léxico: A palabra e os seus constituíntes páx. 74 do libro de aula.
Ortografía: O acento diacrítico páx. 75 do libro de aula e a listaxe do blog.
Gramática: O predicado. Clases de predicados.
Perífrases verbais. páx. 76-77 do libro de aula.
Repaso de VERBOS REGULARES EN GALEGO
Tradición oral: As tradicións do Nadal galego.
UNIDADE 5
Vocabulario : As palabras derivadas. Prefixos e sufixos. páx. 98 do libro de aula.
Ortografía: Palabras con B e con V, páx. 99 do libro de aula
Gramática: Repaso de Pronomes Persoais tónicos e átonos.
Comunicación: O Día escolar da Non Violencia
UNIDADE 6
Ortografia: Palabras con h ou sen h. páx. 119 do libro de aula
Gramática: Os Complementos Directo e Indirecto
páx. 120-121 do libro de aula.
luns, 10 de febreiro de 2025
REPASO GRAMATICAL (II): Pronomes persoais: Tónicos e átonos.
3º Colocación dos pronomes átonos:
- Nunca poden comezar un enunciado: Quéreme moito!
- Posición natural despois do verbo: Pediume un libro.
Excepcións:
1ª- Oracións
desiderativas ou negativas: Oxalá te
quixese! Non cho daría.
2ª- Nas oracións subordinadas, as que levan conxuncións como: que, se, porque... Dixo que te chamaría. Se
te mercase a bici....
3ª- Nas interrogativas ou exclamativas tras do pronome interrogativo/exclamativo:
Quen che
dixo iso?
4ª - Tras dalgúns indefinidos (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e adverbios (acaso, aínda, ata, ben, case, disque, igual, seica, sempre, só, tamén, xa):
luns, 3 de febreiro de 2025
Dous textos de Celso Emilio Ferreiro para unha xornada escolar da non violencia
IRMAUS
Camiñan ao meu rente
moitos homes.
Non os coñezo. Sonme
estranos.
Pero ti, que te
alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos
e dos lagos,
máis alá das sabanas e
das illas,
coma un irmáu che
falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus
ollos o teu pranto,
si os nosos berros son
igoales,
coma un irmau che
falo.
Anque as nosas
palabras sean distintas,
e ti negro i eu
branco,
si temos semellantes
as feridas,
coma un irmau che
falo.
Por enriba de tódalas
fronteiras,
por enriba de muros e
valados,
si os nosos soños son
igoales,
coma un irmau che
falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmau che
falo.
Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)
Digo bomba de
fósforo.
Apenas digo nada.
Digo lombriga e
larva
de carne podrecida.
Digo nenos de
napalm,
terror de noite e
selva,
fedor de cidade e
cloaca.
Fame, suor,
aldraxe,
pugas de aceiro,
antropofaxia.
Digo guerra
bestial,
tremor de terra,
crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en
masa.
Digo gas abafante.
Apenas digo nada.
Digo yanqui
invasor,
depredador de
patrias.
Digo plutonio,
pentágono,
esterco bursátil,
palanca,
Presidente,
gadoupa,
chuvia, amargura,
baba.
Digo petróleo,
ferro,
mineral, trampa,
lobo, caimán,
polaris, cóbrega,
miseria,
diplomacia.
Digo devastación
que USA, usa.
Apenas digo nada.
Digo Viet Nam i
está xa dito todo
cunha soia palabra.
Pra abranguer a
vergonza do mundo,
digo Viet Nam e
basta.
Celso Emilio
Ferreiro en Viaxe ao país dos ananos
xoves, 23 de xaneiro de 2025
mércores, 22 de xaneiro de 2025
REPASEMOS OS VERBOS: Verbos regulares (I)
CONTIDOS DAS PROBAS DE RECUPERACIóN DE XUÑO
PARA O ALUMNADO CON SÓ a 3ª avaliación (ou unha avaliación) terá os mesmos contidos que na proba da avaliación pertinente: 1ª avaliación 2ª...
-
2º Podes ver a seguir un cadro coas formas contractas, que tamén podes atopar na páx, 262 do libro. 3º Colocación dos pronomes átonos: -...
-
AS RAÍCES DA NOSA LINGUA I- Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia, a civilizac...

.jpg)






