domingo, 7 de xuño de 2026
venres, 15 de maio de 2026
CONTIDOS DA PROBA DA TERCEIRA AVALIACIÓN
GRAMÁTICA
Repaso de pronomes persoais átonos.
Repaso de Verbos Irregulares estudar mellor no blog e
no libro de texto podes consultar unha listaxe incompleta nas páxinas 265-272
Complementos da Oración Simple
Complemento Directo e Indirecto páx. 120-121
Complemento Circunstancial e Suplemento ou Complementeo Preposicional 140-141
Atributo e Complemento predicativo páx. 160-161
Oracións copulativas e predicativas. páx. 184
Oracions activas e pasivas. A pasiva reflexa 184-185
Oracións transitivas e oracións intransitivas páx, 204-205
TRADICIóN ORAL:
A orixe da Festa dos Maios: Os mitos-
LINGUA E SOCIEDADE
Lusofonía no libro páxinas 86-87-88-89
Begoña Caamaño Letras Galegas 2026
Queda pendenta a lectura da Obra de Teatro: que comezaremos despois desta proba escrita.
domingo, 10 de maio de 2026
BEGOÑA CAAMAÑO LETRAS GALEGAS 2026
martes, 5 de maio de 2026
Que debemos ver na obra de teatro como a que representamos?
O xénero dos diálogos: dramático ou teatral é un xénero literario moi peculiar. Preséntase nun texto pensado para representar con diálogos de personaxes e acoutacións ou indicacións para poder levar a cabo a obra tal e como foi concibida polo autor/a.
O xénero do conflito: Outro dos elementos claves é que no teatro imos ver un conflito en acción, unha especie de desacordo, de loita de ideas ou entre contrarios, de choque ou enfrontamento de formas de pensar e actuar que ben se poden resolver de xeito tráxico (mortes, finais tristes e terribles) ou ben rematar de maneira feliz ou cómica (alegrías, festa, celebracións).
ACTIVIDADES: Formulemos unha primeira pregunta.
1- Mirando a ilustración que acompaña ao dítico co que se presenta a obra, cal cres que será o conflito que se plantea nesta representación?
A obra que ides ver representada pola Aula de Teatro do Sei San Narciso, titúlase:
FOBOS, unha viaxe baixo o poder das egolatrías
Leamos ese texto que nos fala desta obra:
A Aula de Teatro San Narciso 2026 estrea o seu novo espectáculo na XXVIII Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo celebrada en Cangas o día 29 de abril. Esta obra aborda retallos de actualidade coa idea de erradicar a xenreira das nosas vidas. Catulo, un autor latino escribiu hai dous mil anos:
“Odio e amo, se preguntas por que o fago, non o sei,
pero sinto que ocorre e me torturo.”
2- As obras adoitan tocar temas de carácter universal, preocupacións que nos afectan a todas as persoas no mundo. Saberás indicar cal é a idea que serve de motor desta obra?
Fobos significa “odio” en grego. A nova creación da nosa Aula de Teatro trata sobre este tema universal, motor desta obra na que profundamos á vez na súa causa fundamental, os egoísmos, iso que seguro vos soará, o de non importarnos o que lle pase ao outro, de non pensar nos demais. Denuncia, análise e crítica contra os odios ademais dunha aposta polo amor como antídoto esencial ante a barbarie irracional que nos rodea, á dese home que vén sendo un lobo para o propio ser humano.
Caemos na conta axiña de que lamentablemente moitas veces as persoas son coma ovellas inocentes, obedientes e incapaces de ser persoas de verdade e opoñerse ás circunstancias que lles fan dano que as ataca e destrúe. Propoñemos un percorrido pola falta de empatía na historia, o individualismo e insolidariedade, as desigualdades e a ambición de poder da sociedade actual, sinalamos algo tan evidente como que nas redes sociais triunfan as mentiras. Moitas veces fronte as inxustizas somos débiles cando a única fortaleza que nos garante non ser un rabaño dócil é a necesaria reafirmación da diversidade que caracteriza e identifica á verdadeira humanidade. Esta obra pretende non perder as palabras, facer fincapé no esforzo e a loita por poñermos a pé, deixar de andar a catro patas para rachar co silencio que nos converte nun conxunto submiso de ovellas, para facermos un oco de dignidade neste mundo ferido e difícil no que vivimos.
3- Que significa en galego a palabra grega "fobos"?
4- Como explicarías ti a seguinte expresión: O home é un lobo para o propio ser humano?
5- Hai varios tipos de odios ou de fobias no mundo? Enuncia ti agora varios dos que saibas que existen.
6- Cales destes odios ou fobias cres ti que formarán parte desta obra?
7- Cales son as causas que orixinan ou provocan estes odios?
Rematemos coa lectura:
Fobos é pois unha viaxe con intención e memoria que retrata logo este aspecto tan negativo da sociedade actual como é o malquerer e a indiferenza cara aos demais, perdendo esoutro valor tan humano que é o agarimo e o amor ao próximo. Pasamos pola aversión ao diferente tanto polas súas ideas e crenzas, como pola súa orixe, pola súa desfavorable situación económica, polo simple feito de ser muller e non un home, pola súa forma de entender o cariño e a sexualidade, por desexar ser en liberdade e sentir, vivir ou dicir. Fobias todas elas moi presentes no mundo de hoxe, tremendamente arraigadas e contra as que cómpre procurar reflexión e resposta contundente. Aí está o conflito dramático que poñemos en escena. De aí que usemos o valor didáctico e simbólico da famosa fábula de Pedro e o lobo para combater tanto cúmulo de odio, procurar albiscar ese mundo mellor para a humanidade que se asenta sobre algo tan simple e complexo á vez como son a empatía, a irmandade e o amor.
8- De que dous recursos didácticos se bota man nesta obra, encóntraslle algunha relación coa imaxe inicial, a das ovellas?
A FESTA DO MAIO E A MITOLOXÍA
Que relación ten a Festa do Maio coa Mitoloxía Greco-romana e a mitoloxía Céltica?
Como contaban os gregos e os romanos o paso do inverno á primavera?
Contan os mitos gregos que Antigamente a primavera era eterna e que os deus supremo dos vivos, Zeus, e dos mortos, Hades, dependían para alimentar á humanidade da deusa grega da fecundidade Deméter (Ceres para os romanos) e da súa filla Perséfone (en latín Flora ou Proserpina) deusa da floración.
Hades raptou a Perséfone e levouna ao mundo dos mortos e soubemos como se sae coa súa a pesar do seu acto violento, porque a deusa comeu seis pepiñas de granada, a súa froita preferida. Cando Deméter despois de meses longas xornadas de desesperación, deixara de provocar colleitas para a limentar aos mortais, famentos estes e queixándose a Zeus, levaron a este e a Deméter na procura da filla desaparecida. Helios (o Sol que todo o ve) revelou o paradoiro de Persefone, raptada por Hades, e cara este foron dirixidas as demandas inmediatas da devolución da filla de Deméter. Hades finalmente consente que Perséfone volva á superficie da Terra para cumprir co seu cometido de traer a floración e acompañar a súa nai no proceso da produción dos alimentos vexetais, pero só durante seis meses, os seis meses do tempo da calor, que os romanos chamaron "ver" de onde nacen as palabras: prima-vera (o primeiro tempo da calor ou tempo da floración) e verán (o tempo da calor e da maduración dos produtos da terra), fronte ao inverno (o tempo que non hai calor). os outros seis meses denbera permanecer no mundo subterráneo, o mesmo tempo das pepiñas de granada que comera Perséfone, nos que a terra permanecerá sen froitos e sen flores e con frío, claro está.
| Calendario céltico ver Beltane en 1º de maio. |
Na mitoloxía Celta tamén hai unha especie de Perséfone que chaman Beltane e que volve cada ano o 1º de maio á Terra para a legría dos humanos que reciben así o tempo da calor e a fecundidade.
Pero que relación ten isto coa Festa do Maio? Tanto a festa de recibimento de Perséfone en Grecia, como de Flora en Roma, como a de Beltane nos países célticos derivan nas distintas tipoloxías de celebracións da Festa de maio.
xoves, 23 de abril de 2026
CONTIDOS DAS PROBAS DE RECUPERACIóN DE XUÑO
PARA O ALUMNADO CON SÓ a 3ª avaliación (ou unha avaliación) terá os mesmos contidos que na proba da avaliación pertinente: 1ª avaliación 2ª...
-
2º Podes ver a seguir un cadro coas formas contractas, que tamén podes atopar na páx, 262 do libro. 3º Colocación dos pronomes átonos: -...
-
AS RAÍCES DA NOSA LINGUA I- Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia, a civilizac...
