O Día das Letras Galegas celebrouse por vez primeira un 17 de maiod e 1963, xusto cena anos despois da saída da imprenta do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro, titulado Cantares Gallegos.
Esta ano 2026 homenaxeamos neste Día das Letras a Begoña Caamaño. (1964-2014) Procuramos unha breve biografía na que destacamos tres facetas a de xornalista a prol do galego, a de activista feminista e escritora que recrea a mitoloxía grega e céltica.
Escribo para pensar o mundo que eu quero (Begoña Caamaño)
DA MITOLOXÍA GREGA
1- Resume o argumento da Odisea de Homero, considerada a primeira novela da literatura occidental escrita hai 2600 anos na Grecia Antiga. Un libro que Begoña coñeceu na súa infancia e ao que volveu para escribir a súa primeira novela Circe ou o pracer do azul.
2-Cantas mulleres aparecen citadas no argumento que acabas de atopar?
Begoña Caamaño vai colocar, pola súa profunda convicción feminista, nun primeiro plano, como as protagonistas absolutas da súa narrativa, a aquelas mulleres ás que Homero retratara na Grecia Antiga. O reto era grande e o resultado foi marabilloso.
RESUMO DA TRAMA DA NOVELA:
Circe ou o pracer do azul
...Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a problable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, dunha muller misteriosa que a informa que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres...
3- Quen son, como se chaman, estas dúas mulleres?
4- Que nos contan os mitos gregos ou como chegaron ata nós estas dúas mulleres?
5- Como era a Penélope da literatura galega ata chegar á Penélope de Begoña Caamaño?
Pequeno traballo de investigación:
Da Penélope de Rosalía de Castro á Penélope de Begoña Caamaño, pasando pola de Xohana Torres.
Poema de Rosalía de Castro: Tecin soia a miña tea (do libro Follas Novas)
Do poema de Rosalía do libro En las orillas del Sar: Desde los cuatro puntos cardinales
Pero yo en el rincón más escondido
y también más hermoso de la tierra,
sin esperar a Ulises,
que el nuestro ha naufragado en la tormenta,
semejante a Penélope
tejo y destejo sin cesar mi tela,
pensando que ésta es del destino humano
la incansable tarea,
y que ahora subiendo, ahora bajando,
unas veces con luz y otras a ciegas,
cumplimos nuestros días y llegamos
más tarde o más temprano a la ribera.
Poema de Xohana Torres: Penélope
BEGOÑA E A RADIO GALEGA
Resume as principais ideas que Begoña defende nesta entrevista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario