domingo, 28 de setembro de 2025
martes, 16 de setembro de 2025
UNIDADE 0/ A MEMORIA DO NOSO (II): Panorama da historia da Lingua Galega
Como nace unha lingua?
Unha comunidade que vive nun territorio concreto ao longo dun tempo en condicións favorables é quen de crear unha lingua como consecuencia dun conxunto complexo de accións e reaccións seculares das persoas que conforman esa comunidade coa natureza que as rodea.
Cando nace unha lingua nace como un ser que vai desenvolver con capacidade propia a súa singular maneira de ver o mundo. Todas as linguas pasan por etapas infantís e xuvenís nas que non son aínda unha lingua plenamente autónoma, pero cando chega á maioríade idade, convértese na peculiar forma de percibir o universo que os seus falantes van incorporando como un gran legado a gardar con agarimo. Porque ese conxunto de palabras conforman a identidade, o carácter a forma de pensar, un patrimonio que nos fai humanos. Do contrario serían seres incapaces de entender o seu entorno, sen as voces que esa lingua lles foi dando como ferramenta de expresión e comunicación cos demais, de comprensión e interpretación do mundo, sen a súa fala, non serían ninguén.
O NACEMENTO, ESPLENDOR E DECADENCIA MEDIEVAL DA NOSA LINGUA
DOS SÉCULOS ESCUROS AO REXURDIMENTO
venres, 5 de setembro de 2025
UNIDADE 0/ A MEMORIA DE NOSO (I) Como andas de afán por saber?
Por que a memoria? Falamos da memoria porque é unha ferramenta da humanidade altamente necesaria para progresar, e o progreso sen coñecemento faise unha tarefa imposible. Mais non hai memoria sen curiosidade, ese afán de saber de nós, ese espello do ser no que se reflicte a identidade.
O meu amor se ti fores
Proba: En galego, por que non?
En galego por que non? de Manuel Núñez Singala Capítulo 0 Capiítulo 1 Capítulo 2 Capítulo 3 Capítulo 4 Capítulo 5 Capítulo 6 Capítulo 7, ...
-
AS RAÍCES DA NOSA LINGUA I- Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia, a civilizac...
-
2º Podes ver a seguir un cadro coas formas contractas, que tamén podes atopar na páx, 262 do libro. 3º Colocación dos pronomes átonos: -...
-
Lembras como se conxugaban os verbos regulares en galego? Os seus 3 modos, os 10 tempos, que tiñan tres conxugacións e tres persoas en si...
