mércores, 11 de setembro de 2024

UNIDADE CERO: A RÍA DA EXISTENCIA (Curso 24-25)

 


 Comezamos o curso 2024-25 botándolle unha mirada a nosa ría. Recoñecemos o lugar é onde vivimos. O lema deste curso será:  A ría da existencia.  Este punto de encontro entre o mar e a terra que nos define, que nos outorga carácter e identidade. O ser humano precisa dunha terra e polo tanto da paisaxe para crear unha cultura. A nosa cultura e a nosa lingua está intimamente unida á paisaxe onde vivimos. Logo o mar, a ría son esenciais para podernos interrogar sobre nós mesmos, para coñecermos mellor.   

Bótalle un ollo a estes dous vídeos: 



1- Unha vez que viches os dous vídeos cres que a lingua que falamos no Morrazo está ligada ao mar e as rías nas que vivimos?
2- Cres que falan distinto noutras comarcas de Galicia? Por que cres que se producen estas diferenzas? 
3- En que e diferenza o galego normativo e o galego do Morrazo? 
4- Pensas que o feito de que existan estas variantes dialectais do galego é unha riqueza ou que, pola contra, resulta un inconveniente? 
5- Procura recoller varias expresións propias para recoñecelas cando as escoites a próxima vez. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PLAN LECTOR: 2º Trimestre: O LOBISHOME DE CANDEÁN de Paula Carballeira

O libro de Paula Carballeira que temos que comezar a ler e resumir ( resumos manusritos a entregar o día da proba de lectura 17 de abril) ta...