mércores, 20 de marzo de 2024
mércores, 6 de marzo de 2024
CONTIDOS DA SEGUNDA AVALIACIÓN
LECTURA DA 2ª AVALIACIÓN
Lembrar, en primeiro lugar, sinalar que despois de Semana Santa será a próxima Proba de lectura do curso, despois do Encontro coa autora Paula Carballeira do próximo 2 de abril, día para o que hai que ter lido a novela O LOBISHOME DE CANDEÁN.
UNIDADE 3
Gramática: Clases de suxeitos. Oracións Impersoais, Páx. 56-57 do libro de aula.
Literatura: A poesía intimista. páx. 60-61 do libro de aula.
UNIDADE 4
Léxico: A palabra e os seus constituíntespáx. 74 do libro de aula.
Ortografía: O acento diacrítico páx. 75 do libro de aula.
Gramática: O predicado. Clases de predicados. Perífrases verbais. páx. 76-77 do libro de aula.
UNIDADE 6
Gramática: Os Complementos Directo e Indirecto páx. 120-121 do libro de aula.
GRAMÁTICA
Verbos regulares en galego páx, 263-264
Pronomes Persoais tónicos e átonos páx. 262
Colocación dos pronomes persoais átonos:
Nunca comeza o enunciado cun pronome átono: Éncheme o depósito. Díxenlle todo.
Habitualmente irá detrás do verbo: Quérote.
Existen catro excepcións:
- Oracións negativas ou desiderativas: Non te quero / Oxalá te quixese.
- Oracións subordinadas: Dixo que te quería/ se te quixese... / porque te quería.
- Oracións interrogativas ou exclamativas directas: Quen te quererá?/ Como te quería!
. Cando antes do verbo hai adverbios e
indefinidos: Xa te quería/ Alguén te
querería
Exercicios con pronomes persoais para practicar
LITERATURA: Día de Rosalía Vida e obra da autora. Por que segue viva hoxe Rosalía?
LECTURA DA 2ª AVALIACIÓN
Imos ler este libro neste mes de marzo para despois das vacacións de Semana Santa poder gozar dun encontro coa súa autora, Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, que estará con nós o próximo 2 de abril. esperaremos a este encontro para realizar despois a proba de lectura.
luns, 4 de marzo de 2024
O novo Víchelo, Miráchelo
Seguimos os pasos do antigo blog de 2º da ESO, pero coa nova cara para Víchelo, Miráchelo. Benvidos/as de novo!!
Proba: En galego, por que non?
En galego por que non? de Manuel Núñez Singala Capítulo 0 Capiítulo 1 Capítulo 2 Capítulo 3 Capítulo 4 Capítulo 5 Capítulo 6 Capítulo 7, ...
-
AS RAÍCES DA NOSA LINGUA I- Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia, a civilizac...
-
2º Podes ver a seguir un cadro coas formas contractas, que tamén podes atopar na páx, 262 do libro. 3º Colocación dos pronomes átonos: -...
-
Lembras como se conxugaban os verbos regulares en galego? Os seus 3 modos, os 10 tempos, que tiñan tres conxugacións e tres persoas en si...




